A Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña (en alemán: Numismatische Kommission der Länder in der Bundesrepublik Deutschland) é unha organización científica do ámbito da numismática dos estados federais alemáns, dedicada á promoción dos estudos sobre a moeda, a historia monetaria e a medalla."Startseite". Sitio web da NKLBD.

Historia A Comisión Numismática fundouse en 1950 por iniciativa da Administración cultural de Hamburgo, seguindo o modelo da Conferencia Permanente de Ministros de Cultura dos Estados da República Federal de Alemaña. Outro modelo organizativo foi o das comisións históricas que xurdiron como primeiros órganos de autoxestión científica no século XX. Procurábase, con esta comisión interestatal, a reconstrución das coleccións de moedas e a volta á operatividade das institucións de investigación numismática, que quedaran danadas e inaccesibles despois da segunda guerra mundial. O obxectivo a longo prazo era a coordinación de cuestións tan fundamentais como os rexistros de achados monetarios e o restablecemento das relacións internacionais.Kunz, R. (2000).

Durante os primeiros anos seguíronse as pautas marcadas polo profesor Walter Hävernick, director do Museo de Historia de Hamburgo e primeiro presidente da Comisión (1950-1974). O seu alumno Gert Hatz foi o continuador do seu labor como presidente da institución (1974-1993), sucedido logo por Bernd Kluge (1993-1999). Ao longo da década de 1990 asumiuse a integración dos novos estados na Comisión, como resultado da reunificación alemá, e esta foi a principal preocupación de Niklot Klüßendorf como vicepresidente. Superada esta etapa, ocuparon a presidencia Reiner Cunz (1999-2011) e finalmente Dietrich Klose, a partir dese último ano.

Desde 1990, a proporción de membros da Comisión que debían ter formación numismática e con dedicación funcional nesa área foi diminuíndo en favor dos representantes vinculados á preservación de monumentos históricos.

Nunha prinmeira etapa, a partir de 1952, a Comisión editou a revista mensual Numismatisches Nachrichtenblatt, que posteriormente pasou a estar editada pola Sociedade Numismática Alemá."NNB Numismatisches NachrichtenBlatt". Sitio web da DNG.

Organización A Comisión é unha organización de carácter federal e está constituída por representantes de cada un dos Estados, especializados en diferentes áreas da numismática e nomeados polos respectivos ministros de Cultura. O perfil dos expertos varía conforme as posibilidades e as prioridades de cada Estado, e adoitan ser directores de gabinetes numismáticos, expertos vinculados a museos, arqueólogos estatais etc. Ten unha importancia destacada o persoal vinculado aos catro gabinetes numismáticos principais de Alemaña: o Münzkabinett de Berlín, o Münzkabinett de Dresden, o Museo do Diñeiro do Deutsche Bundesbank en Frankfurt e a Colección de Moedas Estatal de Múnic."Landesvertreter und Fachgebietsvertreter". Sitio web da NKLBD.

As sociedades numismáticas (Sociedade Numismática Alemá e Sociedade de Historia Monetaria Internacional) e a asociacións dos distribuidores de moedas están tamén representadas, do mesmo xeito que outros grupos de interese, con carácter consultivo.

Proxectos estables

Achados e historia monetaria. A Comisión comezou xa na década de 1950 a confeccionar o catálogo central de achados de moedas alemás medievais e de época moderna (Münzfundkatalog Mittelalter/Neuzeit), inicialmente con arquivos escritos á máquina sobre papel e máis adiante con medios informáticos, particularmente a partir do ano 2000. A base de datos contén arredor de 200.000 rexistros, desde o ano 750 ata o século XIX."Fundmünzen". Sitio web da NKLBD. Fluxos de metais e de diñeiro. En conxunto con diversas institucións suecas, como a Universidade de Estocolmo, a Comisión desenvolve un proxecto de investigación comezado xa en 1950 sobre os achados de moedas alemás dos séculos X e XI na rexión do Báltico onde houbo asentamentos viquingos e eslavos, e prevé proxectos similares en países veciños do leste, sinaladamente con Polonia e con Estonia. Medallística. A Comisión patrocina a Fundación de Investigación Gitta Kastner, centrada na nova medalla de arte alemá."Die Gitta-Kastner-Forschungsstiftung". Sitio web da NKLBD.

Premio Walter-Hävernick Un interese clave da Comisión é a promoción do talento xuvenil. Con tal fin, creou un fondo e unha fundación específica dedicados á edición de teses, memorias académicas e proxectos de investigación levados a cabo por novos talentos da numismática, e outorga tamén bolsas de viaxes para acudir ao Congreso Internacional de Numismática que se celebra cada seis anos en diferentes países do mundo."Nachwuchsstiftung". Sitio web da NKLBD.

Nese contexto, a Comisión creou en 2012 o Premio Walter-Hävernick, dotado con 2.000 euros e destinado a científicos menores de 35 anos autores de teses exemplares ou outros traballos monográficos sobre calquera área da numismática, escritos en alemán, en inglés ou en francés. Á parte da dotación económica, os gañadores tamén reciben unha medalla creada en 2015 polo medallista Carsten Theumer."Walter-Hävernick-Preis". Sitio web da NKLBD.

Estes son os gañadores desde a súa creación:"Bernhard Weisser: Laudatio für Angela Berthold, Walter-Hävernick-Preis 2012". Sitio web da NKLBD.

(2012): Angela Berthold."Die Verleihung des Walter-Hävernick-Preises für Numismatik an Angela Berthold". En MünzenWoche. 10 de xaneiro de 2013. (2013): Philipp Rössner und Johannes Wienand."Wienand, Johannes". En Coins Weekly. 5 de decembro de 2019."Verleihung des Walter-Hävernick-Preises 2013". En NNB 9/13. Páxinas 1-2. (2014): Alexa Küter."Alexa Küter erhält den Walter-Hävernick-Preises 2014". En MünzenWoche. 31 de xullo de 2014. (2015): Stefan Roth."Walter-Hävernick-Preis 2015 an Stefan Roth verliehen". Sitio web da NKLBD. (2016): Simone Killen."Johannes Nollé: Laudatio zum Walter Hävernick-Preis 2016 für Simone Killen". Sitio web da NKLBD. (2017): Johannes Hartner."Johannes Hartner wird Nachfolger von Michel Alram". En MünzenWoche. 30 de xullo de 2020. (2018): Sebastian Steinbach, Torsten Bendschus e Johannes Hartner."Steinbach, Sebastian". In Coins Weekly. 2 de novembro de 2016."Walter-Hävernick-Preis 2018". Muenzen-online.com (2020): Johannes Peter."Ein alter Münz-Schatz in der Michaelskirche: Johannes Peter untersucht Fuldaer Brakteaten". En Fuldaer Zeitung. 26 de xullo de 2020.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Lista de asociacións numismáticas

Bibliografía Kunz, R. (2000). Concordia ditat. 50 Jahre Numismatische Kommission der Länder in der Bundesrepublik Deutschland. Gietl. ISBN 978-3924861377

Ligazóns externas Sitio web da Numismatische Kommission der Länder in der Bundesrepublik Deutschland

Categoría:Asociacións numismáticas Categoría:Cultura de Alemaña Categoría:Institucións científicas de Alemaña Categoría:Organizacións sen ánimo de lucro