Manfred Winkelhock, nado en Waiblingen, Baden-Württemberg (Alemaña) o 6 de outubro de 1951 e finado en Bowmanville, Ontario, o 12 de agosto de 1985, foi un piloto de carreiras alemán. Participou en 56 Grandes Premios de Fórmula 1 (con 47 saídas) entre e , pilotando para Arrows, ATS, Brabham e RAM Racing, cun mellor resultado dun quinto posto no Gran Premio do Brasil de 1982. É o irmán máis vello de Joachim e Thomas Winkelhock e pai de Markus Winkelhock, que tamén son pilotos de carreiras.
Traxectoria Manfred Winkelhock era o irmán máis vello de Joachim Winkelhock. Comezou a competir na Fórmula 2 en 1978 e sobreviviu a un importante accidente no circuíto de Nordschleife, cando envorcou o seu March na moi pronunciada curva Flugplatz. O primeiro intento de Winkelhock de clasificarse para unha carreira do Gran Premio de Fórmula 1 foi no Gran Premio de Italia de 1980, cando substituíu en Arrows ao lesionado Jochen Mass. En 1982, pasou a ATS e cando BMW se converteu no provedor de motores do equipo, en 1983, conseguiu cualificarse en varias durante 1983 e 1984, malia que o coche era pouco fiable polo poucos bos resultados e moitos accidentes.
O seu fillo, Markus Winkelhock, tamén é piloto de carreiras.
Morte Ao mesmo tempo era piloto habitual de sports car e touring car, gañando os 1.000 km de Monza con Marc Surer en 1985. Morreu no verán de 1985 cando, na volta 69, petou violentamente no xiro 2 no Mosport Park de Bowmanville, preto de Toronto, Ontario, Canadá, durante o Budweiser 1000 km World Endurance Championship, conducindo Porsche 962 C para o equipo Kremer Racing, de novo, con Marc Surer como copiloto.
No momento da morte de Winkelhock, era piloto do equipo de Fórmula 1 RAM Racing patrocinado por Skoal Bandit nunha tempada frustrante no que tivo como mellor resultado o posto 12 no Gran Premio de Francia de 1985 no Circuíto Paul Ricard.
Trala súa morte, foi substituído polo piloto de Irlanda do Norte Kenny Acheson, aínda que a falta de cartos fixo que o equipo se retirase antes de que rematase a tempada 1985.
Rexistro de carreiras
Resultados completos do Campionato de Europa de Fórmula 2 (Lenda: As carreiras en negras indican a pole position; as carreiras en cursiva indican a volta máis rápida) Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 Posición Puntos 1978 Polifac BMW Junior Team March 782 BMW THR 8º 11 March Racing Ltd HOC NÜR PAU MUG VAL ROU DON NOG PER MIS HOC 1979 Cassani Racing Ralt RT1 BMW SIL HOC THR NÜR VAL MUG PAU HOC ZAN PER MIS DON 16º 4 1980 ICI Racing Team March 802 BMW THR HOC NÜR VAL PAU SIL ZOL MUG ZAN PER MIS HOC 13º 4 1990 Schäfer Racing Ralt RT2 BMW SIL HOC THR NÜR VAL MUG PAU PER 9º 12 Maurer Motorsport Maurer MM81 SPA DON MIS MAN
Resultados completos de Fórmula 1 Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Posición Puntos 1980 Warsteiner Arrows Arrows A3 Cosworth DFV V8 ARX BRA RSA USW BEL MON FRA GBR ALE AUT NED ITA CAN USA NC 0 1982 Team ATS ATS D5 Cosworth DFV V8 RSA BRA USW SMR BEL MON DET CAN NED GBR FRA ALE AUT SUI ITA CPL 24º 2 1983 Team ATS ATS D6 BMW M12 L4t BRA USW FRA SMR MON BEL DET CAN GBR ALE AUT NED ITA EUR RSA NC 0 1984 Team ATS ATS D7 BMW M12 L4t BRA RSA BEL SMR FRA MON CAN DET DAL GBR ALE AUT NED ITA EUR NC 0 MRD International Brabham BT53 BMW M12 L4t POR 1985 Skoal Bandit F1 Team RAM 03 Hart 415T L4t BRA POR SMR MON CAN DET FRA GBR ALE AUT NED ITA BEL EUR RSA AUS NC 0
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1951 Categoría:Finados en 1985 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Alemaña Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Arrows Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de ATS Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Brabham Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de RAM Racing Categoría:Pilotos de Fórmula 1 finados en competición Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans