Pino Caballero Gil nada nas Palmas de Gran Canaria o 29 de novembro de 1968, é unha científica española.
Traxectoria Licenciouse en matemáticas na Universidade de La Laguna en 1990, e doutorouse na mesma universidade en 1995. É catedrática en Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial desde 2015. As súas investigacións céntranse na criptografía, a criptanálise, protocolos criptográficos, seguridade das comunicacións inalámbricas, xeradores pseudoaleatorios, autenticación forte e aplicacións móbiles seguras.
Desde 1998 coordina o grupo CryptULL de investigación en Criptoloxía da Universidade de La Laguna. Participou en 47 proxectos nacionais e internacionais de investigación. Membro fundadora da Rede de Excelencia Nacional de Investigación en Ciberseguridade. Membro do Instituto Universitario de Desenvolvemento Rexional e do Instituto Univesitario de Estudos das Mulleres.
En 2017 recibiu o Premio do Instituto Universitario de Estudos das Mulleres da Universidade de La Laguna. En 1998 recibiu o Premio Día das Canarias para Novos Investigadores. Tamén recibiu o Premio “Proxecto Empresarial” da Fundación Fyde-CajaCanarias.
Notas
Categoría:Alumnos da Universidade de La Laguna Categoría:Científicos de España Categoría:Nados en 1968 Categoría:Nados nas Palmas de Gran Canaria Categoría:Profesores da Universidade de La Laguna