Ellen Ochoa, nada nos Ánxeles (California) o 10 de maio de 1958, é unha astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-56, STS-66, STS-110 e STS-96.
Traxectoria Ellen Ochoa, de ascendencia mexicana, graduouse en física pola Universidade do Estado de San Diego en 1980. Posúe un máster e un doutoramento en enxeñaría eléctrica pola Universidade Stanford en 1981 e 1985 respectivamente e foi investigadora do Centro de Investigación Ames da NASA.
Posteriormente, investigou os sistemas ópticos para procesar información, sendo a coinventora de tres patentes sobre sistemas ópticos, un deles de recoñecemento de obxectos e outro para retirar o ruído de imaxes. Como xefa do Intelligent Systems Technology Branch, supervisou a 35 enxeñeiros e científicos na investigación e o desenvolvemento dos sistemas de cómputo para as misións aeroespaciais. Así mesmo, Ochoa impartiu diversas conferencias técnicas e publicou en diarios científicos.
Foi seleccionada como astronauta pola NASA en xaneiro de 1990, participando nas misións STS-56, STS-66, STS-110 e STS-96 e pasando un total de 40,82 días no espazo.
En xaneiro de 2013 Ellen Ochoa foi nomeada directora do Centro Espacial Lyndon B. Johnson, sendo a segunda muller que se desempeña nese cargo e a primeira de orixe hispana.
Premios e recoñecementos Ellen é a primeira muller de orixe hispana que viaxou ao espazo e que figura no Salón da Fama dos Astronautas nos Estados Unidos. En 1997, foi galardoada coa Medalla ao Servizo Excepcional da NASA.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Uve, Sandra (2018). Supermujeres, superinventoras: Ideas brillantes que transformaron nuestra vida. Madrid: Planeta S.A. ISBN 978-84-16890-97-2. Claramunt Vallespí, Rosa; Claramunt Vallespí, Teresa (2012). MUJERES EN CIENCIA Y TECNOLOGIA. UNED. ISBN 9788436264210.
Outros artigos Mulleres na NASA STS-56 STS-66 STS-110 STS-96
Ligazóns externas
Ellen Ochoa, la astronauta que musicalizó el infinito y diversificó la NASA desde la óptica del beneficio aeroespacial no blog Mujeres con Ciencia
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Alumnos da Universidade Stanford