José Inocêncio dos Santos Ferreira CvIH, nado en Macau o 28 de xullo de 1919 e finado en Hong Kong o 24 de marzo de 1993, máis coñecido por Adé, foi un poeta de Macau e gran defensor do patuá macaense, lingua crioula da rexión.José Inocêncio dos Santos Ferreira no macanesefamilies.comPatuá - José dos Santos Ferreira "Adé" (1), no Projecto Memória Macaense
Traxectoria Naceu o 28 de xullo de 1919 e viviu en Macau a meirande parte da súa vida. O seu pai, Francisco dos Santos Ferreira, era un portugués oriundo de Portugal e a súa nai, Florentina María dos Pasos, era unha macaense.
Alén de poeta e defensor do patuá, José dos Santos Ferreira foi un funcionario público, desempeñando nesa calidade as funcións de xefe da secretaría do Liceu Nacional Infante D. Henrique.Macau Antigo: José dos Santos Ferreira, Adé Despois de xubilado, foi secretario-xeral da Sociedade de Turismo e Diversións de Macau (STDM) e profesor de portugués a alumnos chineses. Foi tamén un colaborador asiduo do "China Mail" de Hong Kong, da axencia de noticias norteamericana "Associated Press" e de moitos xornais portugueses editados en Macau, como o semanario "O Clarim".
Gran parte da súa vida, Adé dedicouse á divulgación do patuá macaense, sendo o último poeta popular macaense que deixou unha vasta obra composta de poemas, recitais, pezas de teatro, libros, programas radiofónicos e operetas en patuá macaense.
O 3 de setembro de 1979 foi condecorado co grao de Cabaleiro da Orde do Infante D. Henrique., e en 1984 o Gobernador de Macau atribuíulle a Medalla de Mérito Cultural. O Goberno de Macau homenaxeouno ao mandar erguer unha estatua no Xardín das Artes.
Morreu en Hong Kong, o 24 de marzo de 1993, con 73 anos de idade.
Obras Escandinávia, Região de Encantos Mil (1960) Macau sa Assi (en patuá) (1968) Qui Nova, Chencho (en patuá) (1974) Papiá Cristâm di Macau: Epitome de gramática comparada e vocabulário : dialecto macaense. Macau: [s.n.] (1978) Bilhar e Caridade (poesías) (1982) Camões, Grándi na Naçám (en patuá) (1982) Poéma di Macau (poesías, en patuá) (1983) Macau di tempo antigo: Poesia e prosa: dialecto macaense. Macau: edição do autor (1985). Nhum Vêlo (en patuá) (1986) Poéma na língu maquista (Poesia em papel-de-arroz). Macau: Livros do Oriente (1992). ISBN 9729418101
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Poetas de Portugal Categoría:Finados en 1993 Categoría:Nados en 1919