O Rovaniemen Kiekko Naiset, ou simplemente RoKi Naiset ou RoKi, é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Rovaniemi (Finlandia). Dende 2020 compite na Auroraliiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Xoga os seus partidos como local no Lappi Areena, un pavillón con capacidade para 3 500 persoas.
O equipo comezou a competir en 1999 partido da II-divisioona, a terceira categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, na que permaneceu ata 2012. Logo do ascenso á segunda categoría, a Naisten Mestis, na tempada 2012-13, o RoKi axiña se converteu nun equipo competitivo e exitoso, ata que na primavera de 2020 o equipo conseguiu o ascenso á máxima categoría, a Naisten Liiga. Ao final da tempada 2025-26 o equipo descendeu logo de caer nas series de promoción contra as Pelicans de Lahti en tres partidos (0-3). Logo do descenso o primeiro e o segundo equipo do RoKi, denominado RoKi Naiset Team, fusionáronse e decidiron comezar a reconstrución do equipo partindo da terceira categoría, a Naisten Suomi-sarja, a partir da tempada 2026-27.
Historia O RoKi de Rovaniemi participou por primeira vez nunha competición oficial na tempada 1999-2000, cando xogou no grupo de Laponia na II-divisioona.
Na súa segunda tempada, de novo na II-divisioona, o RoKi finalizou na cuarta e última posición do grupo de Laponia, rexistrando dous puntos en nove partidos grazas a unha única vitoria fronte a nove derrotas. O equipo de Rovaniemi foi ademais o equipo menos goleador con tan só 14 goles anotados, e foi con moito o equipo máis goleado con 79 goles encaixados, para un rexistro de -65.
O equipo non competiu na II-divisioona na tempada 2001-02.
En 2012 o equipo comezou unha nova tempada no grupo oeste da Naisten Suomi-sarja, finalizando na segunda posición con sete vitorias e tres derrotas, malia a ser o equipo máis goleador e menos goleado cun rexistro de 71 goles marcados fronte a 35 encaixados. Desde xeito o equipo de Laponia clasificase para disputar o grupo de promoción á segunda categoría, a Naisten Mestis, xunto cos mellores equipos dos grupos Sur e Leste e os catro equipos peor clasificados da Naisten Mestis. O RoKi dominou a liga de promoción, na que tan só perdeu un partido e gañou 15, finalizando na primeira posición da clasificación e conseguiu o ascenso á segunda categoría do hóckey sobre xeo finlandés, a Naisten Mestis.
Os anos na Naisten Mestis No ano do seu debut na segunda categoría, o RoKi finalizou a primeira fase da competición na segunda posición do grupo norte, cun rexisto de 4 vitorias, 6 empates e 2 derrotas, aínda cun balance negativo de goles (-2). Deste xeito o equipo de Rovaniemi clasificouse entre os seis mellores equipos da liga e disputou o grupo final, do cal sairían os catro equipos que pelexarían polo ascenso á máxima categoría. O RoKi dominou esta fase e só cedeu un empate e unha derrota, polo que finalizou á fronte da clasificación, gañándose así o dereito a loitar polo ascenso. Na liga de promoción o equipo finalizou na terceira posición por detrás do Team Oriflame e o KJT, ambos da Naisten SM-sarja, e que conseguiron manterse na máxima categoría. Nesta primeira tempada do equipo na Naisten Mestis salientaron especialmente Oona Parviainen (19 goles e 25 asistencias para un total de 44 puntos), a máxima goleadora do equipo Sanni Kontiosalo (25 goles e 16 asistencias para un total de 41 puntos) e a máxima asistente Janina Jatkola (14 e 27 asistencias para un total de 41 puntos), na liga de promoción estas tres xogadoras seguiron a ser as máis destacadas: Parviainen (5+9, 14), Jatkola (5+8, 13) e Kontiosalo (6+4, 10).
Na tempada 2014-15 o RoKi gañou o grupo 1 da Mestis, mais non puido conseguir o ascenso á máxima categoría ao finalizar na cuarta posición na serie final superior. Con todo cinco anos despois, na tempada 2019-20, o equipo de Rovainemi conseguiu o obxectivo de xogar cos mellores equipos femininos de Finlandia logo de gañar o seu grupo na Mestis e finalizar por detrás do Lukko na liga de clasificación. Esa tempada salientaron a nivel individual Essi Jaako, Jenna Hietala e Oona Parviainen.
Na máxima categoría (2020-2026) Para a tempada 2021-22 Rovaniemen Kiekko ry anunciou que comezaría a apoiar ás xogadoras do RoKi seleccionadas para os campamentos do equipo nacional e torneos de avaliación con bolsas dende uns poucos centos ata mil euros. Tamén ofreceu ás súas xogadoras na selección nacional a posibilidade de adestrar e xogar co equipo masculino. O adestrador de RoKi Naiset Tuomas Liitola sinalou que a meta a longo prazo era reducir os custos de xogo das xogadoras de RoKi a cero.
miniatura|esquerda|250px|O RoKi fronte o Ilves durante o Winter Classic 2025 celebrado na pista de Koulukatu.
O 15 de febreiro de 2025 o RoKi disputou o Winter Classic 2025 fronte o Ilves na mítica pista de Koulukatu ante 120 persoas. Se ben as xogadoras do equipo de Rovaniemi comezaron adiantándose no marcador grazas a un gol de Magdalena Felcmanova a pase de Dominika Malicka, o Ilves acabou impoñéndose de xeito contundente (13-1).
miniatura|250px|Equipo do RoKi en novembro de 2025, durante a súa derradeira tempada na Auroraliiga.
Logo dunha moi difícil tempada na que o equipo só foi quen de conseguir unha vitoria nos shootouts fronte o KalPa, o 21 de marzo de 2026 o RoKi consumou o seu descenso á segunda categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, a Naisten Mestis. O equipo de Laponia sufriu unha contundente derrota no terceiro partido da serie de pomoción, disputada ao mellor de cinco encontros fronte as Pelicans, e na que o equipo de Lahti demostrou dende o primeiro momento que podía competir contra o equipo de Rovaniemi.
Descenso e reconstrución O 24 de abril de 2026, Rovaniemen Kiekko Ry anunciou a decisión de que o equipo feminino do club xogaría na terceira categoría, a Naisten Suomi-sarja e non na segunda, a Naisten Mestis. No mesmo comunicado informouse de que o RoKi Naiset e o seu segundo equipo, o RoKi Naiset Team se fusionarían. De acordo co director executivo de Rovaniemen Kiekko Ry, o proceso foi consensuado coas xogadoras, coas que o club se reunira a principios do mes de abril, acordando con elas que indicaran en que liga preferían competir. O obxectivo do club na Naisten Suomi-sarja será o de construír e desenvolver o equipo para conseguir un novo ascenso. No comunicado o club sinalou tamén que o adestrador do RoKi Naiset para a tempada 2026-27 sería Janne Lappalainen, que substituíu a Oona Parviainen.
Pavillón
miniatura|Exterior do Lappi-areena. O RoKi Naiset xoga os seus partidos como local no Lappi-areena de Rovaniemi, pavillón que comparte co seu homónimo masculino, que compite na Mestis. A pista principal do pavillón ten capacidade para 3 500 persoas e unhas dimensións de 28x58 metros, así como nove palcos ou salas de reunións, un deles con sauna, e conta tamén con restaurantes e pubs. O complexo conta con dúas pistas máis de adestramento.
A construción do pavillón finalizou a finais de 2003, mais non foi inaugurado ata o 5 de abril de 2004. En 2014 foi renovado, e en 2016 constuíuse nas instalacións do Lappi-areena un ximnasio de CrossFit de 300 m².
Ademais de partidos de hóckey sobre xeo o complexo acolle tamén concertos e feiras de exposicións.
Personalidades Xogadoras Cadro actual
Capitás do equipo Ao longo da súa historia RoKi Naiset tivo catro capitás, todas elas de nacionalidade finlandesa. A primeira capitá do equipo foi Arja Oja, quen exerceu o liderado na pista durante as tempadas 2014-15 e 2015-16, mentres que Janina Jatkola é a xogadora que máis tempadas exerceu como capitá cun total de tres entre a 2016-17 e a 2018-19. A continuación amósanse todas as capitás do equipo:
Capitás do RoKi Nome(s) Período Arja Oja 2014 a 2016 Janina Jatkola 2016 a 2019 Ella Lahtela 2019-20 Jenna Pirttijärvi 2020-21 Emmi Mourujärvi 2021-22 Eveliina Ollila 2022 a 2024 Viivi Iso-Kouvola 2024-25 Moona Keskisarja 2025-26
Líderes históricas Ao longo da súa historia dúas xogadoras do RoKi Naiset superaron a barreira dos 200 puntos, e tan só unha, Sanni Kontiosalo, superou os 400 puntos. Nas estatísticas de xogo salienta especialmente a figuras de Sanni Kontiosalo, que lidera as estatísticas de goles (205), asistencias (218) e puntos (423). Kontiola rexistrou case cen goles máis que Janina Jatkola, segunda máxima goleadora histórica do equipo. Pola súa banda Eveliina Ollila é a xogadora que máis partidos vestiu a camisola do RoKi con 269 partidos. A continuación os rexistros das seis máximas puntuadoras históricas do equipo:
Para os significados das abreviaturas véxase estatísticas do hóckey sobre xeo. Líderes históricas do RoKi Xogadora Pos PX G A Pts Sanni Kontiosalo F 258 205 218 423 Janina Jatkola F 198 106 161 267 Oona Parviainen F 115 82 148 230 Ella Lahtela F 216 95 98 193 Elisa Pekkala F 179 72 103 175 Eveliina Ollila F 269 16 43 59
Adestradoras e adestradores Logo do final da temmpada 2025-26 o club anunciou a incorporación de Janne Lappalainen como adestrador xefe do equipo na súa nova etapa na Naisten Suomi-sarja en substitución de Oona Parviainen, que deixou o equipo para continuar a súa carreira no equipo feminio sub-18 do Pilot Mound Academy canadense logo do seu descenso dende a Auroraliiga. A principios de xuño de 2023 anunciouse que Teemu Koivula pasaría a ser o adestrador xefe do equipo para a tempada 2023-24 en substitución de Tuomas Liitola, que deixou o equipo a mediados do mes de maio para adestrar na segunda categoría do hóckey sobre xeo feminino sueco. En 2024 Koivula deixou o equipo para unirse ás Kärpät, sendo substituído por Oona Parviainen. A continuación as adestradoras e adestradores do RoKi dende 2014:
Adestadoras e adestadores do RoKi Nome(s) Período Kari Hartikainen 2014-15 Sofia Pohjanen 2016 a 2018 Tuomas Liitola 2018 a 2023 Teemu Koivula 2023-24 Oona Parviainen 2024 a 2026 Janne Lappalainen 2026-
Notas
Referencias
Véxase tamén
Outros artigos Rovaniemen Kiekko
Ligazóns externas Sitio web
Categoría:RoKi Naiset