O Zeitschrift für Numismatik ("Revista de Numismática") foi unha publicación periódica alemá de periodicidade anual especializada en numismática, publicada en Berlín entre 1874 e 1935 pola compañía editora Weidmannsche Buchhandlung, fundada en 1680. A revista estivo vinculada á Sociedade Numismática de Berlín (Numismatische Gesellschaft zu Berlin)."Zeitschrift für Numismatik (ZfN) der Numismatischen Gesellschaft Berlin". www.coingallery.de"Zeitschrift für Numismatik (ZfN)". Forum Ancient Coins.
Directores 1874-1897: Alfred von Sallet. 1898-1906: Hermann Dannenberg, Heinrich Dressel e Julius Menadier. 1907-1920: Heinrich Dressel e Julius Menadier. 1921-1935: Julius Menadier e Kurt Regling.
Contidos A introdución do seu primeiro director, Alfred von Sallet, no número inicial da revista iníciase con estas palabras:
(Alemán) «Mancherlei Umstände machten es wünschenswerth, dass in Berlin eine numismatische Zeitschrift erscheinen möchte, welche in erster Linie das classische Alterthum, daneben aber auch das Mittelalter und das sechzehnte Jahrhundert, ohne allzuenge Grenzen, behandele».(Galego) «Diversas circunstancias fixeron conveniente que en Berlín se publicase unha revista numismática que se ocupase principalmente da antigüidade clásica, mais tamén da Idade Media e do século XVI, sen límites demasiado estreitos.».Alfred von Sallet. Zeitschrift für Numismatik, Nº 1. Berlín, 1874"Worwort". En Zeitschrift für Numismatik, Nº 1. Berlín, 1874
Os artigos, nunha cantidade variable mais cunha media de 20 en cada número, están organizados en diversas categorías ou seccións: "Antigüidade", "Idade Media"... "Colaboracións menores" "Literatura" e "Obituarios".
Aínda que o número de páxinas é diferente en cada tiraxe, habitualmente está comprendido entre as 300 e as 400 en cada número. No apéndice de cada edición preséntanse varias táboas e láminas de ilustracións. Ademais, entre os anos 1879 e 1909, despois desas táboas atópase información das actividades da Sociedade Numismática de Berlín.
Autores miniatura|285x285px|Heinrich Dressel, co-director de Zeitschrift für Numismatik entre 1898 e 1906 Foron moi numerosos os autores que contribuíron cos seus artigos en Zeitschrift für Numismatik, algúns ocasionalmente ou mesmo unha soa vez e outros, sinaladamente os editores, con regularidade ao longo dos anos. Estes son algúns dos máis salientables: Ernest Babelon. Agnes Baldwin. Hermann Dannenberg. Heinrich Dressel. Hans Droysen. Friedrich von Duhn. Ferdinand Friedensburg. Julius Friedländer. Hugo Gaebler. Hermann Grote. Adolf Holm. Friedrich Imhoof-Blumer. Julius Menadier. Eugen Merzbacher. Theodor Mommsen. Franz Reber. Kurt Regling. Alfred von Sallet. Friedrich von Schrötter. Ioannis Svoronos. Rudolf Weil.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Autores e artigos de todas as edicións por orde alfabética do autor
Categoría:Revistas de numismática Categoría:Revistas de Alemaña Categoría:Revistas científicas