Aslaug Nyrnes, nada en Lom o 27 de novembro de 1953 e finada o 26 de xuño de 2025, foi unha pedagoga e investigadora norueguesa especializada en estudos literarios e didáctica.
Traxectoria Nyrnes estudou nas universidades de Trondheim e de Bergen, e graduouse en 1981 como cand.philol. no Instituto Nórdico. A partir de 1982 exerceu como docente na Escola de Maxisterio de Bergen (que dende 1994 forma parte da Universidade de Ciencias Aplicadas de Bergen ou Høgskolen). Doutorouse en 2002 cunha tese sobre os aspectos didácticos da obra Moralske Tanker de Ludvig Holberg e desenvolveu unha nova teoría sobre a a didáctica da retórica. Dende 2007 é profesora da Høgskolen.
Entre 2004 e 2007 dirixiu o proxecto Kunstfagdidaktikk financiado polo Norges Forskningsråd que procuraba desenvolver novas didácticas artísticas por medio da exploración de múltiples aspectos de diversas disciplinas: arte e artesanía, teatro, danza, música ou literatura. En 2007 pasou a dar clases no departamento de educación artística como profesora de didáctica da arte.
Na súa obra Det (ny)norske mennesket. Ein litterær analyse av familiebladet For bygd og by de 1985 realizou unha análise literaria da revista For bygd og by que se publicou en nynorsk entre 1912 e 1932. Tamén publicou artigos sobre pedagoxía e análises de autores como Holberg ou Knut Hamsun.
Obra Det (ny)norske mennesket (Oslo: Samlaget, 1985). «Det didaktiske rommet. Didaktisk topologi i Ludvig Holbergs Moralske Tanker» (Universitetet i Bergen, 2002). Lighting from the side : rhetoric and artistic research (2006). Ut frå det konkrete. Bidrag til ein retorisk kunstfagdidaktikk (Oslo: Universitetsforlaget, 2008; con Niels Lehmann).
Notas
Categoría:Nados en 1953 Categoría:Finados en 2025 Categoría:Nados no condado de Innlandet Categoría:Pedagogos de Noruega Categoría:Alumnos da Universidade de Bergen