Sheikh Muszaphar Shukor, nado en Kuala Lumpur (Malaisia) o 26 de xullo de 1972, é o primeiro astronauta malaio. Formou parte das misións Soiuz TMA-10 e Soiuz TMA-11.
Traxectoria Muszaphar graduouse en cirurxía ortopédica pola Universidade Kebangsaan e foi seleccionado como astronauta en 2003, participando nas misións Soiuz TMA-10 e Soiuz TMA-11 e pasando un total de 10,88 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TMA-10 Soiuz TMA-11
Categoría:Astronautas de Malaisia Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en Malaisia