Franklin Story Musgrave, nado en Boston, Massachusetts, o 19 de agosto de 1935, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-6, STS-51-F, STS-33, STS-44, STS-61 e STS-80.
Traxectoria Musgrave graduouse en matemáticas e estatística pola Universidade de Siracusa en 1958 e é máster en análise de operacións e programación pola Universidade de California nos Ánxeles en 1959. Ten un grao en química pola facultade Marietta en 1960, un doutoramento en medicina pola Universidade de Columbia en 1964 e é máster en fisioloxía e biofísica pola Universidade de Kentucky en 1966, cun máster tamén en literatura pola Universidade de Houston en 1987.
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en agosto de 1967, participando nas misións STS-6, STS-51-F, STS-33, STS-44, STS-61 e STS-80 e pasando un total de 53,41 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-6 STS-51-F STS-33 STS-44 STS-61 STS-80
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1935 Categoría:Nados en Massachusetts