Barbados participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1968, e participou en cada un dos Xogos dende entón, só perdendo os Xogos Olímpicos de 1980 en Moscova ao participar nun boicot liderado polos Estados Unidos. A única medalla olímpica do país é un bronce conseguido polo atleta Obadele Thompson na proba de 100 metros lisos nos Xogos Olímpicos de 2000.
Barbados competiu como parte da Federación das Indias Occidentais nos Xogos de 1960. O atleta barbadiano James Wedderburn formou parte do equipo de 4 × 400 m que gañou a medalla de bronce ese ano.
Barbados nunca competiu nos Xogos Olímpicos de Inverno.
Táboas coas medallas Medallas nos Xogos de Verán XogosAtletasOuroPrataBronceTotalPosto Roma 1960 como parte da 25px Federación das Indias Occidentais Toquio 1964 non participou Cidade de México 1968 9 0 0 0 0 – Múnic 1972 13 0 0 0 0 – Montreal 1976 11 0 0 0 0 – Moscova 1980 non participou Os Ánxeles 1984 16 0 0 0 0 – Seúl 1988 17 0 0 0 0 – Barcelona 1992 17 0 0 0 0 – Atlanta 1996 13 0 0 0 0 – Sydney 2000 18 0 0 1 1 71 Atenas 2004 10 0 0 0 0 – Pequín 2008 8 0 0 0 0 – Londres 2012 6 0 0 0 0 – Río de Xaneiro 2016 12 0 0 0 0 – Toquio 2020 8 0 0 0 0 – París 2024 4 0 0 0 0 - Os Ánxeles 2028 Evento futuro Brisbane 2032 Total 0 0 1 1 151
Medallas por deporte Xogos de Verán DeporteOuroPrataBronceTotal 20px Atletismo 0 0 1 1 Total 0 0 1 1
Lisa de medallistas Medalla Nome Xogos Deporte Evento Bronce Sydney 2000 25px Atletismo 100 metros masculino
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Barbados nos Xogos Olímpicos