Os casaminoácidos son unha mestura de aminoácidos e algúns péptidos moi pequenos obtidos da hidrólise ácida da proteína caseína do leite. Utilízanse en microbioloxía como ingrediente de medios de crecemento microbiano. A mestura contén todos os aminoácidos esenciais excepto o triptófano, que queda destruído pola dixestión con ácido sulfútrico ou ácido clorhídrico.
Os casaminoácidos son similares á triptona; esta última diferénciase en que sufriu unha hidrólise encimática incompleta e presenta algúns oligopéptidos, mentres que nos casaminoácidos o que predomina son os aminoácidos libres.
Usos Os casaminoácidos subministran unha fonte de nitróxeno de orixe proteica completamdente hidrolizada. Contén unha pequena cantidade de cistina. O triptófano e as vitaminas son destruídas polo tratamento ácido. Os restantes aminoácidos (en distintas cantidades) son unha fonte de nutrientes para varios microorganismos. Os aminoácidos son moi solubles e axeitados para o seu uso en cultivos de tecidos. O contido de sales é xeralmentre do 30 a 40%. Os casaminoácidos poden atoparse na vacina DTaP da marca Daptacel ou utilízanse na súa fabricación.
Aspecto Po que flúe libremente (as partículas non se pegan nin agregan) de cor branca a marrón clara, homoxéneo. Solubilidade (2%). Incoloro a amarelo claro e transparente en solución.
Notas
Categoría:Péptidos Categoría:Microbioloxía