Vulcanisaeta é un xénero de arqueas crenarqueotas da familia Thermoproteaceae. Trátase dun organismo anaerobio, heterótrofo e hipertermófilo que crece optimamente a 85–90 °C e a pH 4,0–4,5. Foi illado de mostras recollidas directamente de campos de solfataras ou de auga de fontes termais canalizada no leste do Xapón.
Xenoma
Secuenciáronse varios xenomas de Vulcanisaeta. O contido G+C do seu ADN, que está entre o 44 e o 46%, e predise que é relativamente baixo en relación co doutros membros de Thermoproteaceae.
Estrutura celular e metabolismo As células de Vulcanisaeta son bacilos rectos ou lixeiramente curvados, cunha anchura de 0,4 a 0,6 µm. Nalgúns casos as células están ramificadas ou teñen corpos esféricos na súa parte terminal. Esta arquea utiliza como fontes de carbono a maltosa, o amidón, malato, extracto de lévedos, peptona, extracto de carne, casaminoácidos e xelatina, pero non pode utilizar D-arabinosa, D-frutosa, lactosa, sacarosa, D-xilosa, acetato, butirato, formiato, fumarato, propionato, piruvato, succinato, metanol, formamida, metilamina ou trimetilamina. Como aceptores de electróns utiliza xofre e tiosulfato. A diferenza dalgunhas outras arqueas xeneticamente similares como Thermocladium ou Caldivirga, Vulcanisaeta crece en ausencia no seu medio de mesturas de vitaminas ou de solución de extracto de células arqueanas.
Ecoloxía Atopáronse cepas de Vulcanisaeta en áreas de fontes teermais no Xapón. Malia que o organismo é a crenoarqueota máis común con forma de bacilo entre os illamentos de fontes termais do Xapón, ata agora non foi illada en ningún outro país. Isto está en contraste co que ocorre con xéneros como Thermoproteus e Pyrobaculum, que están distribuídos por todo o mundo, incluíndo as illas Azores, Islandia, Indonesia, Italia, Xapón, as Filipinas, Rusia e os Estados Unidos de América. Por tanto, é posible que o xénero Vulcanisaeta teña unha distribución que se restrinxa só ao Xapón.Ver no NCBI a páxina web sobre Vulcanisaeta. Datos extraídos de
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Revistas científicas
Bases de datos científicas PubMed - referencias para Vulcanisaeta PubMed Central - referencias para Vulcanisaeta Google Scholar - referencias para Vulcanisaeta
Ligazóns externas Páxina de taxonomía do NCBI para Vulcanisaeta Busca nas páxinas de taxonomía de Tree of Life para Vulcanisaeta Busca na páxina de Species2000 para Vulcanisaeta Páxina de MicrobeWiki para Vulcanisaeta Páxina da LPSN para Vulcanisaeta
Categoría:Arqueas