Sabu Dastagir, nado en Mysore, o 27 de xaneiro de 1924 e finado en Chatsworth (Os Ánxeles) o 2 de decembro de 1963, foi un actor cinematográfico indio nacionalizado estadounidense. Normalmente aparecía nos créditos só co seu nome de pía, Sabu, e é lembrado sobre todo polo seu traballo na década de 1940.

Traxectoria Nado en 1924 en Mysore, India, Sabu era fillo dun mahout (condutor de elefantes). Aínda que gran parte das fontes dan o seu nome como "Sabu Dastagir", unha investigación do xornalista Philip Leibfried suxire que devandito nome sería realmente o do seu irmán, e que o seu sería Selar Shaik Sabu ou Sabu Francis. O seu irmán foi quen dirixiu a súa carreira.

En 1960, Shaik morreu por un disparo durante un roubo na súa casa. O atacante, Jimmy E. Shields de 18 anos, era un antigo empregado da tenda de mobles que dirixían os irmáns. Foi acusado por homicidio involuntario e condenado a entre 1 e 10 anos de prisión.

Sabu foi descuberto aos trece anos polo documentalista Robert J. Flaherty, quen o escolleu para facer o papel dun condutor de elefantes no filme británico de 1937 Elephant Boy, baseado no relato de Rudyard Kipling Toomai of the Elephants. O papel máis coñecido de Sabu foi probablemente o de Abu no filme británico de 1940 The Thief of Bagdad. En 1942 volveu interpretar un papel baseado nunha narración de Kipling, o de Mowgli en Jungle Book, filme dirixido por Zoltan Korda e rodado integramente en California.Jungle Book en IMDb Protagonizou para Universal Pictures tres filmes con Maria Montez e Jon Hall, Arabian Nights (1942), White Savage (1943) e Cobra Woman (1944).

Tras nacionalizarse estadounidense en 1944, Sabu sumouse ás Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos, en que serviu como artilleiro de cola. Voou en varias misións durante a Guerra do Pacífico e foi galardoado coa Cruz de Voo Distinguido polo seu valor."People:Reservations ". Time, 19 de marzo de 1945.

Trala segunda guerra mundial, incapaz de conseguir en Hollywood papeis equivalentes aos realizados no cinema británico, a súa carreira empezou a declinar, aínda que de xeito ocasional realizou algunhas intervencións significativas, como a que fixo en Black Narcissus (1947).

Ao longo da década de 1950 actuou en filmes europeos con pouco éxito e en 1952 traballou no Circo Harringay cun número de elefantes. Foi considerado para o papel de Birju no flme de Mehboob Khan de 1957 Mother India, que suporía o seu debut no cinema en hindi, mais denegáronlle o permiso de traballo e o papel foi para Sunil Dutt. Sabu nunca apareceu nun filme do seu país natal.The elephant boy from Mysore who became an international superstar

O 2 de decembro de 1963 Sabu faleceu de súpeto en Chatsworth (Os Ánxeles), California, por mor dun infarto agudo de miocardio un mes antes de cumprir os corenta anos.LA Times Foi enterrado no Cemiterio Forest Lawn Memorial Park de Hollywood Hills. O seu último filme, A Tiger Walks, estreouse postumamente en marzo de 1964.

Vida persoal O 19 de outubro de 1948 Sabu casou coa aspirante a actriz Marilyn Cooper, coa que tivo dous fillos. O matrimonio permaneceu unido ata o pasamento do actor.

O seu fillo Paul Sabu fundou a banda de rock Sabu na década de 1980. A súa filla, Jasmine Sabu, falecida en 2001, traballou en varios filmes como adestradora de animais.

Filmografía Ano Título Personaxe Notas 1937 Elephant Boy Toomai 1938 The Drum Prince Azim 1940 The Thief of Bagdad Abu 1942 Jungle Book Mowgli Arabian Nights Ali Ben Ali 1943 White Savage Orano 1944 Cobra Woman Kado 1946 Tangier Pepe 1947 Black Narcissus The Young General The End of the River Manoel 1948 Man-Eater of Kumaon Narain 1949 Song of India Ramdar 1951 Savage Drums Tipo Tairu 1952 Hello Elephant Sultan of Nagore Bagdad 1954 The Treasure of Bengal Ainur 1956 Jaguar Juano Jungle Hell Sabu the Jungle Boy The Black Panther Curtametraxe 1957 Sabu and the Magic Ring 1960 Mistress of the World Dr. Lin-Chor 1963 Rampage Talib 1964 A Tiger Walks Ram Singh

Notas

Véxase tamén Bibliografía Leibfried, Philip. Star of India: The Life and Films of Sabu. Oklahoma; BearManor Media, 2010. Holmstrom, John. The Moving Picture Boy: An International Encyclopaedia from 1895 to 1995, Norwich, Michael Russell, 1996, p. 125-126. Dye, David. Child and Youth Actors: Filmography of Their Entire Careers, 1914-1985. Jefferson, NC: McFarland & Co., 1988, p. 207-208. Ligazóns externas Sabu no American Film Institute Artigo na páxina de Powell e Pressburger. Criterion Collection Essay

Categoría:Actores de cinema da India Categoría:Nados en Karnataka Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 1963 Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Militares dos Estados Unidos de América Categoría:Militares da segunda guerra mundial