Alexander Alexanderovich Misurkin, nado en Yershichi (Rusia) o 23 de setembro de 1977, é un cosmonauta ruso que formou parte das misións Soiuz TMA-08M e Soiuz MS-06 e foi membro das expedicións 35, 36, 53 e 54 á Estación Espacial Internacional.
Traxectoria Misurkin graduouse na Escola Superior da Forza Aérea para Pilotos en Kacha en 1998. En outubro de 1999 graduouse como piloto e enxeñeiro no Instituto de Aviación Militar Armavir.
Foi seleccionado como cosmonauta en outubro de 2006, participando nas misións Soiuz TMA-08M e Soiuz MS-06 e sendo membro das expedicións 35, 36, 53 e 54 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 334,48 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TMA-08M Soiuz MS-06 Expedición 36 Expedición 35 Expedición 53 Expedición 54 Estación Espacial Internacional
Categoría:Astronautas de Rusia Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados no óblast de Smolensk