Edgar Dean Mitchell, nado en Herford, Texas, o 17 de setembro de 1930 e finado o 4 de febreiro de 2016, foi un astronauta estadounidense que formou parte da misión Apollo 14.

Traxectoria Mitchell graduouse en xestión industrial pola Universidade Carnegie Mellon en 1952 e en aeronáutica pola Escola Naval de Posgraduados dos Estados Unidos en 1961 e tiña un doutoramento en aeronáutica e astronáutica polo Instituto Tecnolóxico de Massachusetts en 1964.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en abril de 1966, participando na misión Apollo 14 e pasando un total de 9,00 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Apollo 14

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Nados en Texas