Antonio del Villar foi un escultor barroco galego, natural de Redondela ou do antigo lugar da Vilavella, vello núcleo hoxe englobado en Redondela. Viviu entre finais do século XVII -ó redor de 1682En 17332 declarou baixo xuramento no proceso de canonización de San Telmo, presentándose como de cincuenta anos, pouco máis ou menos (Iglesias Almeida, 232).- e a primeira metade do século XVIII.As últimas obras das que consta a súa autoría dátanse en 1753.

miniatura|Detalle do retablo da Expectación da Catedral de Tui.

Obra Cristo da igrexa de Santiago de Vilavella (Redondela) (1711) Retablo da Expectación da catedral de Tui Retablo da igrexa de Santa María de Reboreda (Redondela) (antes de 1745) Retablo da igrexa de Santiago de Borbén (Pazos de Borbén) (cara 1725)Do retablo, destruído na segunda metade do século XX, só se conservan imaxes soltas, de San Francisco Xavier, San Ramón, San Pedro e San Xoán Bautista. Retablo da Colexiata de Santa María de Baiona (entre 1726 e 1732) Retablo da igrexa de San Miguel de Viladesuso (Oia) (cara 1729)Non consta documentada a autoría de Antonio del Villar, ó que se atribúen por razóns cronolóxicas e estilísticas. Retablo lateral da igrexa do Colexio da Compañía de Xesús (hoxe, igrexa de San Bartolomeu (Pontevedra) (contratado en 1729)O retablo, do que desapareceu a imaxe de San Ignacio, está hoxe dedicado á Virxe do Carme. Retablo da igrexa de Santos Xusto e Pastor de Entenza (Salceda de Caselas) (cara 1738) Retablo da capela de Santa Liberata de Baiona (contratado en 1738) Retablo maior da igrexa do Convento de San Domingos de Tui (contratado en 1744) Retablo da igrexa das Dominicas de Baiona (cara 1745) Retablo da igrexa de Santa Baia de Mos (cara 1753)

O retablo da Expectación da catedral de Tui, ou da Preñada,Así chamado por estar presidido pola imaxe da Virxe embarazada. foi realizado a partir de 1722 por encargo do bispo Fernando Ignacio Arango Queipo. Non se sabe cando foi rematado pero si que en 1728 se encarga a pintura e dourado do retablo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Escultores de Galicia do Barroco Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Escultores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Nados no século XVII Categoría:Finados no século XVIII Categoría:Nados en Redondela Categoría:Escultores do século XVIII