Josefina Vilas Raña, nada en Santiago de Compostela o 17 de xaneiro de 1918 e finada na mesma cidade o 4 de abril de 2002, foi unha restauradora galega propietaria do recoñecido restaurante Vilas de Compostela.“Vilas Raña, Josefina”, Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
Traxectoria A casa de comidas Vilas foi fundada en 1915 polos seus pais, e despois ela, segunda de sete irmáns, continuou o negocio familiar conseguindo unha gran sona nas guías gastronómicas a nivel nacional, e tamén polos clientes ilustres que comeron no seu restaurante.
Casou con 18 anos de idade con Andrés Porto Seoane, co que tivo tres fillos, Xosefina (relixiosa), Moncho e Paco. Despois dela o restaurante foi dirixido polo seu fillo Francisco.
Recoñecementos O restaurante Vilas pasou a ser un dos referentes da gastronomía galega grazas ó seu traballo, e por isto concedéronlle varios premios, entre os que se atopan a Medalla de Bronce de Galicia en 1991, a Medalla de Ouro da Cidade de Santiago de Compostela, a medalla do mérito turístico e o título de Gran Cociñeira do País Galego da asociación Amigos da Cociña Galega.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en 1918 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Finados en 2002 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Cociñeiros de Galicia