O Rally Cidade de Cristal de 1987 foi a quinta edición de dito rally e foi puntuable para a Copa de España de Rally e o Campionato de Galicia de Rally. Disputouse entre o 3 e o 5 de xullo de 1987 e o vencedor foi Fernando Brizuela, a bordo dun Renault 5 GT Turbo.

Itinerario O rally dividiuse en dúas seccións e sumou un total de 443,5 km, dos cales 141,6 foron cronometrados.. A primeira das seccións consistiu en tres pasadas polos treitos de Carral-Monte Xalo, Soandres e Meirama-Quembre. Na segunda sección, disputada de noite, os treitos foron os de Campolongo-Doroña, A Ponte do Porco e Vilamateo-Vilouzás, tamén a tres pasadas cada un.

Clasificación PosPilotoCopilotoAutomóbil1 Fernando Brizuela Mario SaguilloRenault 5 GT Turbo2 Carlos Piñeiro Julio OrozcoOpel Ascona 4003 Germán Castrillón Estrella CastrillónRenault 5 GT Turbo4 Alfonso Pavón Guillermo DíezRenault 5 GT Turbo5 Manuel Senra José MaceirasRenault 5 GT Turbo6 Juan Ricardo Costoya GrandalSeat 124 20007 Julio González Eijo Máximo BorrazásRenault 5 GT Turbo8Carlos OtamendiManuel Colado Opel Manta 2009 Luis FernándezRenault 5 GT Turbo10 Juan Luis Álvarez Paradela Ramón PereiraRenault 5 GT TurboAbandonos- Felipe Díaz TeijeiroRenault 5 GT Turbo- Antonio TrellesA. RochaRenault 5 GT Turbo- Javier Arias Carlos FernándezSeat 124 1800

Notas

Categoría:Rally da Coruña Categoría:Tempada 1987 do Campionato de Galicia de Rally