Hydra é un xénero de cnidarios da clase dos hidrozoos, orde dos antoatecados, suborde dos aplanulados, que é o tipo da familia dos hídridos,Hydridae Dana, 1846 no WoRMS. da que é o seu único representante.
As súas especies, propias das augas doces e salgadas e coñecidas vulgaemente como hidras,hidra, 2ª acep., no Dicionario da RAG. son pequenos pólipos que miden tan só uns poucos milímetros, son depredadores, capturando pequenas presas do plancto cos seus tentáculos provistas de cnidocito, células urticantes. Son hermafroditas e reprodúcense tanto asexual como sexualmente.
Teñen un asombroso poder de rexeneración, ao que alude o seu nome, que provén da criatura da mitoloxía grega co mesmo nome, á cal, cando se lle cortaba unha das súas cabezas, crecían dúas no seu lugar.
Taxonomía Descrición Familia A familia foi descrita en 1846 polo botánico, xeólogo e zoólogo estadounidense James Dwight Dana.
Xénero O xénero fora descrito por Linneo en 1758, na 10ª edición do seu Systema Naturae.
Etimoloxías Familia
Xénero
Especies Na actualidade (2020) recoñécense no xénero as seguintes especies:Schuchert P. (2011): Hydra Linnaeus, 1758, na World Hydrozoa database. Consultada o 4 de setembro de 2020.
Hydra americana Hyman, 1929 Hydra baikalensis Swarczewski, 1923 Hydra beijingensis Fan, 2003 Hydra canadensis Rowan, 1930 Hydra cauliculata Hyman, 1938 Hydra circumcincta Schulze, 1914 Hydra daqingensis Fan, 2000 Hydra hadleyi Forrest, 1959 Hydra harbinensis Fan & Shi, 2003 Hydra hymanae Hadley & Forrest, 1949 Hydra iheringi Cordero Hydra intaba Ewer, 1948 Hydra intermedia De Carvalho Wolle, 1978 Hydra japonica Itô, 1947 Hydra liriosoma Campbell, 1987 Hydra madagascariensis Campbell, 1999 Hydra mariana Cox & Young, 1973 Hydra minima Forrest, 1963 Hydra mohensis Fan & Shi, 1999 Hydra oligactis Pallas, 1766 Hydra oregona Griffin & Peters, 1939 Hydra oxycnida Schulze, 1914 Hydra paludicola Itô, 1947 Hydra parva Itô, 1947 Hydra plagiodesmica Dioni, 1968 Hydra robusta (Itô, 1947) Hydra rutgersensis Forrest, 1963 Hydra salmacidis Lang da Silveira, Souza-Gomes & de Souza e Silva, 1997 Hydra umfula Ewer, 1948 Hydra utahensis Hyman, 1931 Hydra viridissima Pallas, 1766, = Chlorohydra viridissima Hydra vulgaris Pallas, 1766
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Hidrozoos Antoatecados
Categoría:Hidrozoos