Oleg Grigorievich Makarov, nado en Udomlya o 6 de xaneiro de 1933 e finado o 28 de maio de 2003, foi un astronauta soviético que formou parte das misións Soiuz 12, Soiuz 27 e Soiuz T-3, así como da misión fallada Soiuz 18-1.

Traxectoria Makarov graduouse en enxeñaría civil na Escola Técnica Superior Bauman de Moscova en 1980. Traballou no desenvolvemento da nave Vostok.

Entrou como cosmonauta en 1966, participando nas misións Soiuz 12, Soiuz 27 e Soiuz T-3. Pasou un total de 20,74 días no espazo. A partir de 1986 traballou como enxeñeiro en NPO Energia no desenvolvemento de estacións espaciais. Faleceu en Moscova o 28 de maio de 2003.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz 12 Soiuz 27 Soiuz T-3 Soiuz 18-1

Categoría:Astronautas da Unión Soviética Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 2003