Iuri Ivanovich Malenchenko, nado en Svitlovodsk (Ucraína) o 22 de decembro de 1961, é un astronauta ruso que formou parte das misións Soiuz TM-19, STS-106, Soiuz TMA-2, Soiuz TMA-11, Soiuz TMA-05M e Soiuz TMA-19M e que foi membro das expedicións 7, 32, 33, 16, 46 e 47 á Estación Espacial Internacional.
Traxectoria Malenchenko graduouse na Escola de Aviación Militar Kharkov de Moscova en 1983 e na Academia Zhukovsky de Enxeñaría da Forza Aérea en 1993.
Foi seleccionado como cosmonauta en decembro de 1987, adestrando ata xuño de 1989 e participando nas misións Soiuz TM-19, STS-106, Soiuz TMA-2, Soiuz TMA-11, Soiuz TMA-05M e Soiuz TMA-19M, sendo membro das expedicións 7, 32, 33, 16, 46 e 47 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 827,39 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TM-19 STS-106 Soiuz TMA-2 Soiuz TMA-11 Soiuz TMA-05M Soiuz TMA-19M Expedición 7 Expedición 32 Expedición 33 Expedición 16 Expedición 46 Expedición 47 Estación Espacial Internacional
Categoría:Astronautas de Rusia Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados en Ucraína