miniatura|260px|Millepora alcicornis, un coral de fogo miniatura|260px|Hydra oligactis, unha especie común de auga doce

O dos antoatecados (Anthoathecata), tamén coñecidos como antomedusas (Anthomedusae), é unha orde de cnidarios da clase dos Hidrozoos.Anthoathecata no WoRMS. Consutado o 30 de agosto de 2020.Anthoathecatae no ITIS. Consutado o 30 de agosto de 2020.

Taxonomía Descrición A orde foi descrita en 1992 por Paul F. S. Cornelius, no seu traballo "Medusa loss in leptolid Hydrozoan (Cnidaria) hydroid rafting, and abbreviated life-cycles among their remote-island faunae: an interim review". En: J. Bouillon, F. Boero, F. Cicogna, J. M. Gili & R. G. Hughes, eds., "Aspects of hydrozoan biology". Scientia Marina 56 (2-3): 245-261.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido (2020), a orfe coñeceuse tamén polos sinónimos: Anthoathecatae (ortografía non aceptada de Anthoathecata) Anthomedusae· (aceptaddo como sinónimo altenativo, nome proposto por Ernest Haeckel en 1879). Athecata Gymnoblastea Laingiomedusae

Nota etimolóxica O nome deste grupo está en debate: segundo as fontes, ortografíase como Anthoathecata, Anthoathecatae, ou Anthomedusae.

Clasificación A orde subdivídese nas tres subordes:

Aplanulata Capitata Filifera

Ademais existen varios taxons incertae sedis.

Características

A maioría das especies son formas coloniais que segregan unha estrutura ramificada común sobre a que se implantan os pólipos. Nestas colonias existe unha división funcional entre os pólipos que integran a colonia: algúns teñen funcións alimentarias, e son coñecidos como gastrozoides; outros son defensivos, os dactilozoides, erizados de cnidocitos; e outros, os activos reprodutivamente, son os denominados gonozoides.

Os caracteres diagnósticos do grupo son dous:

a carencia de teca nos pólipos, isto é, que son atecados (de aí o seu nome); a presenza de tentáculos de morfoloxía variada, de filiformes a capitados.

O seu hábitat preferente é o mariño, aínda que hai xéneros como Hydra que son propios de auga doce. Algunhas especies adoitan dispoñerse en bordos rochosos a pouca profundidade, ben batidos polas ondadas. Outras forman praderías, e, noutras ocasións, como moitos corais da familia Stylasteridae, habitan en montañas mariñas, a profundidades de até 5 000 m.Stylasteridae na EOL. Consultada o 30 de agosto de 2020.

A distribución xeográfica dos representantes do grupo inclúe todos os océanos e latitudes, desde augas polares a tropicais.Anthoathecata no GBIF. Consultada o 30 de agosto de 2020.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Bouillon, J. & Boero, F. (2000): "Synopsis of the families and genera of the Hydromedusae of the world, with a list of the worldwide species". Thalassia Salent. 24: 47-296. Cornelius, P. F. S. (1992): "Medusa loss in leptolid Hydrozoan (Cnidaria) hydroid rafting, and abbreviated life-cycles among their remote-island faunae: an interim review". En: J. Bouillon, F. Boero, F. Cicogna, J. M. Gili & R. G. Hughes, eds., "Aspects of hydrozoan biology". Scientia Marina 56 (2-3): 245-261. Lin, M., Xu, Z.-Z., Huang, J.-Q., Nurul, F., Guo, D.-H., Wang, C.-G. & Chen, B. (2013): "Two new species of Anthomedusae from the Bitung Strait, Indonesia (Cnidaria)". Acta zootaxonomica sinica 38 (2): 246–250. Peña Cantero, A. L.; Vervoort, W.; Watson, E. J. (2003): "On Clathrozoellidae (Cnidaria, Hydrozoa, Anthoathecatae), a new family of rare deep-water leptolids, with the description of three new species". Zoologische Verhandelingen 345: 281–296. Veron, J .E. N. (2000): Corals of the World. Vol. 3. Townsville, Queensland, Australia: Australian Institute of Marine Sciences.

Outros arrigos Hidrozoos

Ligazóns externas Anthoathecata na ADW. Anthoathecata na EOL. "Phylogeny and Classification of Hydroidomedusae" . NEAT (North East Atlantic Taxa).

Categoría:Hidrozoos