miniatura|250x250px|Selk'nam levados a París por Maître en 1889. Os zoolóxicos humanos, tamén chamadas exposicións etnolóxicas, foron unha serie de exhibicións levadas a cabo durante os séculos XIX e XX arredor de humanos erradamente considerados como nun estado primitivo, e describen unha actitude cultural de supremacía racial. Seguiron o modelo implantado por Carl Hagenbeck, promotor das exhibicións humanas realizadas no Xardín de Aclimatación de París, e realizáronse dende a década de 1870, até principios da década de 1930. Foi popularizado pola publicación en 2002 da obra Zoolóxicos humanos, escrito por varios historiadores franceses especialistas do fenómeno colonial.
As exposicións coloniais foron a ocasión de presentar ao público da metrópole unha mostra dos diferentes pobos colonizados, postos en escena, en situación forzada nun ambiente reconstruído.
Eufemisticamente tamén eran coñecidos como «exposicións etnolóxicas» ou «cidades de negros», salientando as diferenzas culturais entre as nacións occidentais e as non europeas. Estes zoos etnográficos foron criticados por alevosamente degradantes da condición humana, e por racistas.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Bosquimán de Banyoles Ota Benga Saartjie Baartman Racismo Racismo ambiental Racismo científico Regra dunha gota
Bibliografía Nicolas Bancel, Pascal Blanchard, Gilles Boëtsch, Eric Deroo, Sandrine Lemaire Zoos humains. De la Vénus hottentote aux reality shows, edition La Découverte (2002) - Presentación en francés do libro: livre zoos humains Anne Dreesbach: [http://nbn-resolving.de/urn:nbn:de:0159-2012050324 Colonial Exhibitions, 'Völkerschauen' and the Display of the 'Other'''], European History Online, Mainz: Institute of European History, 2012, consultado o 6 de xuño de 2012.The Couple in the Cage. 1997. Dir. Coco Fusco e Paula Eredia. 30 min. Régis Warnier, the film Man to Man. 2005. "From Bella Coola to Berlin". 2006. Dir. Barbara Hager. 48 minutes. Broadcaster—Bravo! Canadá (2007). "Indianer in Berlin: Hagenbeck's Volkerschau". 2006. Dir. Barbara Hager. Broadcaster—Discovery Germany Geschichte Channel (2007). Alexander C. T. Geppert, Fleeting Cities. Imperial Expositions in Fin-de-Siècle Europe (Basingstoke: Palgrave Macmillan, 2010). Sadiah Qureshi, Peoples on Parade: Exhibitions, Empire and Anthropology in Nineteenth-Century Britain'' (2011).
Categoría:Colonialismo Categoría:Racismo Categoría:Parques zoolóxicos