miniatura|O Landsat 1. Landsat é unha serie de satélites artificiais dos Estados Unidos para a observación e o estudo da Terra.
Características Os satélites Landsat comezaron denominándose ERTS (Earth Resources Technological Satellite), pero a primeira unidade xa foi renomeada a Landsat 1 unha vez en órbita. Son enviados a órbitas polares e están adicados á observación e o estudo da Terra para obter información sobre recursos forestais, agrícolas, xeoloxía, recursos minerais e hidrolóxicos, para facer estudos xeográficos, cartografía, estudos da contaminación, oceanografía e recursos mariños e estudar fenómenos meteorolóxicos. Lanzáronse oito satélites Landsat, cun so fallo, entre 1972 e 2013.
Landsat 1, 2 e 3 Os tres primeiros satélites Landsat eran unha versión modificada do satélite meteorolóxico Nimbus 4. Cada un levaba a bordo un sistema vidicon para obter imaxes no espectro visible e no infravermello próximo, un escáner multiespectral de catro canais para obter imaxes radiométricas da Terra e un sistema de comunicacións para recoller datos de estacións remotas e envialos a centros científicos. Os satélites dispoñían de dúas cintas de vídeo capaces de gravar ata 30 minutos de datos do escáner ou do vidicon, o que lles proporcionaba a capacidade de cubrir practicamente toda a superficie terrestre gardando e enviando datos. Landsat 1 foi lanzado en 1975, Landsat 2 en 1975 e Landsat 3 en 1978, o primeiro mediante un Delta 900 e os dous últimos mediante Delta 2910.
Landsat 4 e 5 Landsat 4 e 5 eran satélites idénticos. Landsat 4 empezou sendo un satélite experimental para probar novos sensores e un novo sistema de datos automatizado. Cada satélite estaba formado por dous módulos: o módulo de instrumentos, cos sensores científicos, o panel solar, a antena de comunicacións e o GPS; e o módulo multimisión, albergando sistemas estandarizados de enerxía, propulsión, control de actitude, comunicacións e xestión de datos. Ambos satélites tiñan unha masa duns 1900 kg e excederon de lonxe o seu tempo planeado de vida, duns tres anos: Landsat 4 se mantivo 25 anos recollendo datos e Landsat 5, 28 anos. Landsat 4 foi lanzado o 16 de xullo de 1982, mentres que Landsat 5 o foi o 1 de marzo de 1984, ambos mediante foguetes Delta 3920.
Landsat 6 e 7 Landsat 6 foi un programa comercial conxunto entre a NOAA e a compañía EOSAT para proporcionar datos a diferentes aplicacións de busca de recursos terrestres e incluíndo monitorización ambiental, planificación urbanística e cartografía. O satélite levaba un único instrumento a bordo, o ETM, Enhanced Thematic Mapper, que obtiña imaxes en sete canais espectrais, seis no rango visible cunha resolución de 30 m e un no rango do infravermello térmico cunha resolución de 120 m. Landsat 6 estaba baseado no deseño dos satélites TIROS-N e foi lanzado o 5 de outubro de 1993 usando un foguete Titan II SLV, pero pouco despois do lanzamento perdeuse contacto coa nave, non conseguindo entrar en órbita.
Landsate 7 pola súa banda foi un satélite conxunto da NASA, a NOAA e o servizo de estudos xeolóxicos dos Estados Unidos. Ao igual que Landsat 6, levaba como único instrumento un ETM. Foi lanzado o 15 de abril de 1999 mediante un Delta 7920.
Landsat 8 e 9 Landsat 8 e 9 son parte da denominada Misión de Continuidade dos Datos de Landsat (Landsat Data Continuity Mission). Teñen unha masa de 3085 e 2864 kg respectivamente e foron lanzados o 11 de febreiro de 2013 e o 27 de setembro de 2021 mediante foguetes Atlas 5.
Historial de lanzamentos
MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasLandsat 123 de xullo de 1972Delta 900ÉxitoLandsat 222 de xaneiro de 1975Delta 2910ÉxitoLandsat 35 de marzo de 1978Delta 2910ÉxitoLandsat 416 de xullo de 1982Delta 3920ÉxitoLandsat 51 de marzo de 1984Delta 3920ÉxitoLandsat 65 de outubro de 1993Titan II SLVFalloLandsat 715 de abril de 1999Delta 7920ÉxitoLandsat 811 de febreiro xullo de 2013Atlas 5Éxito
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Valerie Thomas Virginia Norwood Delta 900 Delta 2910 Delta 3920 Delta 7920 Titan II SLV Atlas 5
Categoría:Satélites artificiais