The Sophtware Slump é o segundo álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock Grandaddy, publicado o 29 de maio de 2000 a través do selo V2 Records. É considerado por algúns un álbum conceptual sobre problemas relacionados coa tecnoloxía moderna na sociedade.

Composición e gravación O álbum foi composto e gravado polo líder Jason Lytle en solitario nunha granxa afastada. Citóuselle dicindo: "Só lembro que todo o que había estab poirento. Humidade e po", e dixo que fixera as gravacións "en calzóns, dobrado sobre os teclados co suor pingando da miña fronte, frustrado, resacoso e intentando chamar ao meu vendedor de coca".

Contido O título do traballo é unha referencia ao termo "sophomore slump", que se usa para chamar ao segundo álbum dun artista que non está á altura do primeiro.

"Jed the Humanoid" refírese a un androide chamado Jed, e é unha euloxía para o robot, que bebe ata morrer. Con respecto a Jed, que tamén aparece en "Jed's Other Poem (Beautiful Ground)" e xa aparecera anteriormente no tema "Jeddy 3's Poem" do EP de 1999 Signal to Snow Ratio, Lytle destacou: "Usei a Jed como o meu vehículo de terapia, supoño... Estaba intentando abordar o tema da bebida, e posiblemente o feito de que quizais bebas un pouco de máis. [...] O humor sempre estivo moi arriba na miña lista de cousas para lidiar con asuntos que poidan considerarse graves. Ás veces ti non queres que te golpeen na cara con certos anacos de realidade como ese". O crítico musical de The Guardian Dorian Lynskey, dixo que era "a canción de robots máis triste nunca escrita".

A penúltima canción do álbum, "Miner at the Dial-a-View", ten a súa orixe nunha demo caseira de 1989, destacando Lytle: "Despois dun certo punto, cando á Terra se lle esgotan todos os seus recursos, comezan a minar outros planetas. E están esas máqueinas, son moi semellantes, xa sabes, a xogos de póquer de mesa que agora te atopas nos bares, e a idea é agregarlle moedas, e podes marcar a latitude e lonxitude de lugares na Terra, e volver a visitalos se queres. E [o narrador] está realmente revisitando a súa casa, e está vendo que a rapaza que ten en casa está saíndo con outro tipo, e bota de menos o seu fogar".

Edición The Sophtware Slump publicouse o día 29 de maio de 2000, chegando ao número 36 da lista británica de álbums na súa primeira semana. O disco volveu a entrar nesa lista en 2001 situándose no número 63. En febreiro de 2001 o álbum levaba vendidas 20 000 copias nos Estados Unidos e case 80 000 en todo o mundo. En 2006 levaba 104 000 unidades vendidas. Lanzáronse tres sinxelos do álbum: "The Crystal Lake", publicado o mesmo día e que chegou ao 38 da lista británica de sinxelos; "He's Simple, He's Dumb, He's the Pilot."; e "Hewlett's Daughter", que chegou ao número 71 da mesma lista.

O álbum foi reeditado no ano 2011 cun segundo disco con material extra que contiña caras b, descartes, demos e temas do Through a Frosty Plate Glass E.P.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Grandaddy Categoría:Álbums musicais de 2000 Categoría:Álbums de V2 Records