As cadeas montañosas da costa do Pacífico (en Merriam-Webster's collegiate encyclopedia, páx. 361 (Merriam-Webster, 2000); oficialmente coñecidas como Pacific Mountain System nos Estados UnidosPhysiographic regions of the United States, USGS) é un grupo de cordilleiras que se estenden ao longo da costa oeste de Norteamérica, dende Alasca ata o centro de México, tamén coñecida como cordilleira do Pacífico, especialmente no Canadá. Forman parte da cordilleira norteamericana (North American Cordillera, ás veces chamada Western Cordillera, e, no Canadá, Pacific Cordillera ou Canadian Cordillera), que inclúe as montañas Rochosas, as montañas de Columbia, as Interior Mountains, a Interior Plateau, a Serra Nevada e outras cordilleiras, ademais de varios altiplanos e concas.

Porén, a expresión "cadeas montañosas da costa do Pacífico" só se aplica ao sistema occidental da cordilleira occidental,S. Holland, Landforms of British Columbia, BC Govt. 1976. que comprende as montañas Saint Elias, as Coast Mountains, as Insular Mountains, as Olympic Mountains, a Cascade Range, a Oregon Coast Range, as California Coast Ranges, as Transverse Ranges, as Peninsular Ranges e a Serra Madre Occidental.

Xeografía O carácter das cordilleiras varía considerablemente, dende os glaciares con remate no mar nas cordilleiras de Alasca ata os baixos aínda que accidentados outeiros cubertos de matogueiras do sur de California, mais a costa enteira é constante en descender abruptamente ata o mar. Ao longo da Columbia Británica e da costa de Alasca, as montañas mestúranse co mar nun complexo labirinto de fiordes, con milleiros de illas.

Existen bastantes chairas pequenas costeiras nas desembocaduras de ríos que furaron as montañas, particularmente no río Copper en Alasca, o río Fraser na Columbia Británica, o río Columbia entre Washington e Oregón, e os ríos Sacramento e San Joaquín en California, que crean a baía de San Francisco.

Nas inmediacións do norte da baía de San Francisco, é común en inverno para as masas inestables de aire frío do golfo de Alasca facer terra nunha das cordilleiras costeiras, o que resulta en fortes precipitaciones, tanto de chuvia como de neve, especialmente nas súas vertentes occidentais.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Canadian Mountain Encyclopedia Descrición pola Universidade de California: parte setentrional, parte central e parte meridional

Categoría:Cordilleiras do Canadá Categoría:Cordilleiras dos Estados Unidos de América Categoría:Accidentes xeográficos de México