miniatura|Un Lacrosse en proceso de montaxe. Lacrosse ou Onyx é o nome dunha serie de satélites de recoñecemento mediante radar dos Estados Unidos.
Características Os satélites Lacrosse foron fabricados por Martin Marietta (logo parte de Lockheed Martin) e eran operados pola Oficina Nacional de Recoñecemento (NRO). Usaban un siste de radar de apertura sintética (SAR, en inglés) para cartografar o terreo, posiblemente cunha resolución de 1 metro ou mellor. O programa Lacrosse foi aprobado en 1983 e antes do lanzamento do primeiro satélite foi renomeado a Onyx. Os satélites eran lanzados baixo a denominación Programa 3100 e usaban unha grande antena de radar e paneis solares para xerar potencia eléctrica.
Lanzáronse cinco satélites Lacrosse, todos con éxito. O programa rematou despois do lanzamento da quinta unidade e foi continuado polos satélites Topaz.
Historial de lanzamentos
MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasOnyx 12 de decembro de 1988Transbordador espacial (misión STS-27)ÉxitoOnyx 28 de marzo de 1991Titan 4ÉxitoOnyx 324 de outubro de 1997Titan 4ÉxitoOnyx 417 de agosto de 2000Titan 4ÉxitoOnyx 530 de abril de 2005Titan 4Éxito
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-27 Titan 4
Categoría:Satélites artificiais