miniatura|130x130px|Anverso dun unicorn de Xacobe IV miniatura|130x130px|Reverso da mesma moeda O unicorn foi unha moeda escocesa de ouro do sistema da libra escocesa cuñada entre 1484 e 1525, caracterizada pola representación nos seus anversos dun unicornio, un dos símbolos nacionais de Escocia.

Historia esquerda|miniatura|220x220px|Unicorns de Xacobe III e de Xacobe IV. Museo Nacional de Escocia, Edimburgo.

Xacobe III (1460-1488) introduciu o unicorn como nova moeda de ouro no sistema monetario escocés, co valor de 18 xilins escoceses. Tiña un peso de 3,81 gramos, unha lei de 21 quilates e un diámetro de arredor de 26 mm."1 Unicorn - James III". Numista.Stewart, I. (1955).Belaubre, J. (1996).Clarke, J. (1971).

Aqueles primeiros unicorns caracterizábanse pola lenda EXVGAT : DE : ET : DISIPENT : NIMICI : E :Salmos, 67:2. ("que Deus se erga e que os seus inimigos sexan dispersados") no anverso, rodeando o motivo principal do unicornio en pé cara á esquerda cunha coroa no pescozo e unha cadea baixo as patas, que sostén un escudo coas armas de Escocia. A lenda do reverso era unha variante da do anverso, EXVRGAT DE ET DISIPENT NIMICIE, e o centro estaba ocupado por unha estrela de raios ondulados sobre unha cruz florida.Grueber, H. (1899).

As emisións desta moeda baixo Xacobe IV (1488-1513) reproducen as emitidas polo seu pai, coa única diferenza substancial da lenda do anverso, que neste caso era IACOBVS : DEI : GRACIA : REX : SCOTR ("Xacobe, pola graza de Deus, rei dos escoceses")."1 Unicorn - James IV". Numista. Xacobe IV emitiu tamén moedas de medio unicorn, con valor de 9 xilins, un peso de 1,9 gramos e un diámetro de arredor de 19 mm."½ Unicorn - James IV". Numista.

O unicorn tamén foi emitido a nome de Xacobe V (1513-1542), seguindo a mesma tipoloxía xeral dos seus predecesores mais agora cun valor inicialmente de 20 xilins escoceses e que chegou finalmente a 22 xilins."Scottish Coins ". Elks, K. Coinage of Great Britain. Celtic to Decimalisation. Part 12. Este monarca foi o derradeiro en cuñar o unicorn."1 Unicorn - James V". Numista.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Libra escocesa Moeda escocesa

Bibliografía

Belaubre, J. (1996). Dictionaire de Numismatique médiévale occidentale. París. Léopard d'Or. ISBN 2-86377-121-3. Burns, E. (1887). The Coinage of Scotland. Volume I, volume II, volume III. Black, Edimburgo. Clarke, J. (1971). "The Early Unicorns and the Heavy Groats of James III and IV". En British Numismatic Journal. British Numismatic Society. Vol. 40. Páxinas 62-96. Grueber, H. (1899). Handbook of the Coins of Great Britain and Ireland in the British Museum. Londres [reimpresión de 1970: ISBN 1402110901] Klütz, K. (2004). Münznamen und ihre Herkunft. Viena. Moneytrend Verlag. ISBN 3-9501620-3-8. Stewart, I. (1955). The Scottish Coinage. Londres. Spink & Son.

Ligazóns externas

Scottish Coins

Categoría:Moedas de Escocia Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Moedas de ouro