Dores André Rodríguez, nada en Vigo, é unha bailarina de ballet galega. Dende o ano 2015 é prima ballerina no Ballet de San Francisco.
Traxectoria Cando tiña 11 anos comezou a practicar ballet nun estudio de Vigo. Tan só dous anos máis tarde, a mestra de ballet María de Ávila descubriuna nunha competición e recrutouna na súa escola de Zaragoza. Con 17 anos ía competir no Premio de Lausana, pero tivo que retirarse por unha lesión na perna. Após iso, considerou estudar na universidade, pero finalmente escolleu continuar a súa carreira no ballet.
Durante un curto período de tempo bailou para unha compañía de Florencia, en Italia, pero despois participou nas audicións do Ballet de San Francisco. Pasou a formar parte da compañía en 2004, solista en 2012 e bailarina principal en 2015. Ao longo da súa traxectoria foi o papel principal na Cinsenta, Myrtha en Giselle, Xulieta en Romeu e Xulieta e Olga en Onegin. Tamén participou en Bound To de Christopher Wheeldon e Hurry Up, We’re Dreaming de Justin Peck. En 2018 volveu bailar nunha gala en Zaragoza, onde se formou.
Como deseñadora, André deseñou traxes para o Ballet Nacional de Estonia e o Ballet Idaho. En xuño de 2020 estaba a traballar nos traxes para A Bela Dormente do Ballet Real de Nova Zelandia.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Dores André - Perfil no Ballet de San Francisco. Dores André e Joseph Walsh en Coppélia Dores André e Wei Wang en Bluebird Pas de Deux
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Bailarinas de ballet Categoría:Nados en 1985