Gilbert Charles Bourne, nado o 5 de xullo de 1861, e finado o 9 de marzo de 1933, foi un zoólogo británico.

Traxectoria Bourne foi profesor de Zooloxía na Universidade de Oxford desde 1906 até 1921.

Como zoólogo, especializouse nos cnidarios e a el débeselle a descrición da orde das escleractinias, antozoos da subclase dos hexacoraliarios.Scleractinia Bourne, 1900 no WoRMS. Consultado o 19 de agosto de 2020.

Á parte do seu traballo científico, Bourne foi un militar. Foi oficial no 4º Batallón do Rei (Infantaría Lixeira de Shropshire) desde 1882 até 1897, cando renunciou como capitán e maior honorario. Ao estalar a Segunda Guerra dos Bóers en Suráfrica a finais de 1899, volveu a entrar no batallón e foi ascendido ao grao de maior o 8 de novembro de 1899, e ao de tenente coronel honorario o 28 de febreiro de 1900.London Gazette nº 27169, páxina 135, 27 de febreiro de 1900. servindo como segundo do batallón mentres este estaba estacionado en Irlanda. Máis tarde volveu ao servizo durante a Primeira guerra mundial.

Abreviatura A abreviatura Bourne, emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Obras de G. C. Bourne en WorldCat.

Categoría:Científicos do Reino Unido Categoría:Militares do Reino Unido Categoría:Zoólogos do Reino Unido Categoría:Profesores da Universidade de Oxford Categoría:Nados en 1861 Categoría:Finados en 1933