O altiplano de Mongolia é a parte do altiplano de Asia Central situado entre os 37°46′-53°08′N e os 87°40′-122°15′L e cunha área de aproximadamente 3 200 000 km2. Está limitado polas montañas do Gran Hinggan polo leste, as montañas Yin polo sur, o Altai polo oeste e as montañas Saian e Khentii polo norte. O altiplano inclúe o deserto de Gobi ademais de rexións esteparias. Ten unha altitude de entre 1000 e 1500 metros, co punto máis baixo en Hulunbuir e o máis alto no Altai.

O altiplano divídese entre Mongolia, a China e Rusia. Na China, ocupa partes das rexións autónomas de Mongolia Interior e Xinjiang. En Rusia, o altiplano forma parte de Buryatia e do sur do óblast de Irkutsk.

Historia O altiplano foi habitado e conquistado por varios pobos, cronoloxicamente Xiongnu, Xianbei, Göktürks, dinastía Tang, dinastía Liao, Imperio Mongol e a dinastía Qing.

Cambios no medio ambiente Moitos lagos do altiplano de Mongolia, como os lagos Qagaan Nurr e XinKai, reduciron en dous terzos a súa superficie. Algúns secaron totalmente, como os lagos Huangqihi e Naiman Xihu entre 1980 e 2010. A pesar de que uns poucos lagos medraron, como o lago Juyan Oriental e o Had Paozi, a superficie total dos lagos reduciuse nun 30%.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Accidentes xeográficos da China Categoría:Accidentes xeográficos de Mongolia Categoría:Accidentes xeográficos de Rusia Categoría:Mesetas