Youssef Chahine (en ), nado en Alexandría o 25 de xaneiro de 1926 e finado no Cairo o 27 de xullo de 2008, foi un director de cinema exipcio.
Traxectoria Chahine naceu en 1926, fillo de pais libaneses. O seu pai, católico, mudárase a Exipto. No que respecta á relixión, Youssef Chahine non era un practicante dela e respondía que era "exipcio" se lle preguntaban por iso.Elaph Newspaper Article by Adnan Hussein. Issue# 3007. 18 de xuño de 2008.
Dende moi novo sentiuse atraído polas artes escénicas, ata o punto de crear espectáculos para a súa familia. Comezou a súa formación no Collège Saint Marc e logo asistiu ao prestixioso colexio Victoria de Alexandría. En 1946 convenceu os seus pais para que lle permitisen viaxar a Hollywood para estudar como actor na Pasadena Playhouse nos arredores dos Ánxeles, California.
Con todo, cando volveu ao seu país, centrouse na dirección e entrou na industria do cine da man do cineasta Alvisa Orfanelli. Chahine dirixiu o seu primeiro filme, Baba Amin, en 1950. Ao ano seguinte realizou Nile Boy, polo que foi convidado ao Festival de Cannes, e en 1954 dirixiu o primeiro filme de Omar Sharif, Sira 'fi-l-Wadi. Con al-Ikhtiyar (The Choice, 1970) gañou o Tanit de Ouro no Festival de Cinema de Cartago. Tres anos despois realizou a primeira coprodución exipcio-alxeriana, The Sparrow, en que mostrou a súa opinión política sobre a guerra dos Seis Días.
Gañou o Oso de Prata - Premio especial do xurado na 29.ª edición da Berlinale, o Festival de Cinema de Berlín con Iskanderija... lih (1978). O filme era a primeira parte dunha saga autobiográfica, que se completou con An Egyptian Story (1982), Iskandria Kaman wa Kaman (1990) e Alexandria... New York (2004).
Sobre a súa obra, Youssef Chahine sinalou que "fixen os filmes para min mesmo. Tamén para a miña familia. Tamén para Alexandría. Tamén para Exipto. Se ao mundo árabe lle gusta, ahlan wa sahlan (benvido sexa). Se lle gusta á audiencia exterior, é dobremente benvido".
Chahine foi ingresado no hospital El Shorouq do Cairo cun coma causado por unha aparente hemorraxia cerebral o 15 de xuño de 2008. Ao día seguinte, foi trasladado a París nun voo de emerxencia e ingresado no Hospital americano de Neuilly-sur-Seine, ao oeste de París. A súa sobriña dixo a AFP que era "crítica pero estable".
O 7 de xullo de 2008, Chahine morreu na súa casa do Cairo.
Filmografía #AnoTítulo en árabeTítulo en inglésTransliteraciónNotas11950بابا أمينPapa AminBābā Amīn21951ابن النيلSon of the NileIbn an-Nīl31952المهرج الكبيرThe Great ClownAl-moharrig al-kabīr41953سيدة القطارLady on the TrainSaydat al-Qitār5نساء بلا رجالWomen without MenNisā blā rigal61954صراع فى الواديStruggle in the ValleyṢirāʿ fi-l-wādīTamén coñecido como The Blazing Sun7شيطان الصحراءThe Desert DevilXayṭān as-Saḥrāʾ81956صراع فى الميناءStruggle on the PierṢirāʿ fi-l-mīnāʾTamén coñecido como Dark Waters91957ودعت حبكFarewell to Your LoveWaddaʿtu hubba-ka10إنت حبيبىYou're My LoveInta habībī111958باب الحديدCairo StationBāb al-Ḥadīd12جميلة بوحريدJamila, the AlgerianJamīla Būḥrīd131959حب إلى الأبدForever YoursḤubb ilà-l-abadParticipou no primeiro Festival de Cinema de Moscova141960بين ايديكIn Your HandsBayn Edayk15نداء العشاقA Lover's CallNidāʾ al-ʿUxāq161961رجل في حياتيA Man in My LifeRagul fi-ḥayātī171963الناصر صلاح الدينSalladin the VictoriousAn-Nāṣir Ṣalāḥ ad-DīnParticipou no terceiro Festival de Cinema de Moscova181964فجر يوم جديدDawn of a New DayFagr yūm gadīd191965بياع الخواتمThe Ring SalesmanBiyāʿ al-ẖawātimTamén coñecido como Auliban, the Seller of Jokes.Protagonizado pola estrela libanesa Fairuz. Baseado nun musical de 1964.201966رمال من ذهبGolden SandsRimāl min ḏahab211967عيد الميرونThe Feast of MairunʿId al-MairūnCurtametraxe221968الناس والنيلThose People of the NileAn-nās wa-n-Nīl231969الأرضThe LandAl-arḍ241970الإختيارThe ChoiceAl-iẖtiyār251972سلوى الفتاة الصغيرة التى تكلم الأبقارSalwa the Little Girl who Talks to CowsSalwà al-fatā aṣ-ṣaġīra allatī tukallam al-abqārCurtametraxeTamén coñecida como Salwa261973العصفورThe SparrowAl-ʿasfūr27انطلاقForward We GoInṭilāqDocumental281976عودة الابن الضالReturn of The Prodigal SonʿŪdat al-ibn aḍ-ḍāl291978إسكندرية... ليه؟Alexandria... Why?Iskanderija... lih301982حدوتة مصريةAn Egyptian TaleḤaddūta miṣriyya311985وداعًا بونابرتAdieu BonaparteWidāʿan Bonābart321986اليوم السادسThe Sixth DayAl-yawm as-sādis331989إسكندرية كمان وكمانAlexandria Again and AgainIskandria Kaman wa Kaman341991القاهرة منورة بأهلهاCairo as Told by ChahinAl-Qāhira menawwara bi-ahli-hāDocumental para a televisión351994المهاجرThe EmigrantAl-mohāgir361997المصيرThe DestinyAl-maṣīr371998كلها خطوةIt's Only a StepKollu-ha ḪaṭwaCurtametraxe381999الآخرThe OtherAl-āẖar392001سكوت ح نصورSilence, We're RollingSokūt ḥa-nṣawwar40200211, سبتمبرSeptember, 11th11, sabtambarTamén coñecido como 11'09"01 Eleven Minutes, Nine Seconds, One Image412004إسكندرية-نيويوركAlexandria-New YorkIskandariyya-New York422007هي فوضى..؟Is This Chaos..?Hiya fawḍà..?Estreado no Festival de Cinema de Venecia
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en Alexandría Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Directores de cinema de Exipto