Lisa Birgitta Bernstone, nada no condado de Västra Götaland o 17 de maio de 1911 e finada en Nova York o 4 de febreiro de 1992, foi unha modelo sueca coñecida como Lisa Fonssagrives, considerada unha das primeiras supermodelos da historia.
Traxectoria miniatura|esquerda|Fonssagrives na estación de Paddington (Londres) en 1951, por Toni Frissell Lisa Fonssagrives naceu en Suecia en 1911, en Göteborg ou Uddevalla e creceu en Uddevalla. De nena, aprendeu pintura, escultura e danza. Pasou á escola de Mary Wigman en Berlín, onde estudou arte e danza. Tras volver a Suecia, abriu unha escola de baile. Mudouse de Suecia a París para adestrarse en ballet tras participar coa coreógrafa Astrid Malmborg nunha competición internacional e traballou como profesora privada de danza con Fernand Fonssagrives, o que a levou a facer unha carreira como modelo. Posteriormente dixo que ser modelo era "continuar a bailar". Mentres estaba en París en 1916, o fotógrafo Willy Maywald descubriuna nun ascensor e propúxolle que fose modelo de sombreiros para el. As fotografías foron enviadas á revista Vogue, e o seu fotógrafo Horst realizou probas fotográficas dela. En xullo de 1939, apareceu na revista semanal alemá Der Stern. Antes de que Fonssagrives marchase aos Estados Unidos en 1939 xa era unha top model. A súa imaxe aparecu na portada de moitas revistas nas décadas de 1930, 1940 e 1950, incluídas Town & Country, Life, Time, Vogue e Vanity Fair. Díxose dela que era "a mellor pagada, a máis eloxiada e a mellor modelo do negocio". Fonssagrives describiuse a ela mesma como unha "boa percha para a roupa".
Traballou con fotógrafos de moda como George Hoyningen-Huene, Man Ray, Horst, Erwin Blumenfeld, George Platt Lynes, Richard Avedon e Edgar de Evia. Casou co fotógrafo parisiense Fernand Fonssagrives en 1935; divorciáronse en 1949Lisa Fonssagrives-Penn: Sculpture, Prints and Drawings, Lisa Fonssagrives-Penn Trust, 1994. p. 19. e casou con outros fotógrafo, Irving Penn, en 1950. Converteuse en escultora na década de 1960 e exhibiu a súa obra na Marlborough Gallery de Manhattan.
Fonssagrives faleceu aos 80 anos en Nova York, sobrevivida polo seu segundo marido e os seus dous fillos, a súa filla Mia Fonssagrives-Solow (deseñadora de moda e xoias e escultora casada co investidor inmobiliario e coleccionista de arte Sheldon Solow) e o seu fillo, Tom Penn (deseñador).
A poxa da colección de fotografías de Elton John que tivo lugar en Christie's o 15 de outubro de 2004 vendeu unha foto tomada por Irving Penn da súa esposa en 1950 por 57 360 dólares.Elton John photo collection nets $900,000 USA Today 15 de outubro de 2004.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Fonssagrives, Fernand; Muir, Robin, Fernand Fonssagrives; An Eye for Beauty, Londres: Guiding Light, 2003. Lisa Fonssagrives-Penn: Bronzes (exhibition catalogue), Nova York: Marlborough Gallery, Inc., 1983. Lisa Fonssagrives-Penn: Sculpture, Prints and Drawings, Lisa Fonssagrives-Penn Trust, 1994. Gross, Michael: Model: The Ugly Business of Beautiful Women, Nova York: W. Morrow, 1995, Seidner, David (ed): Lisa Fonssagrives: Three Decades of Classic Fashion Photography, Nova York: Vendome Press, 1996, Ligazóns externas The Internet Fashion Database Lisa Fonssagrives-Penn, a Multi Talent, bio and photo gallery Fotografías de Fernand e Lisa Fonssagrives no Museo da cidade de Nova York Mia Fonssagrives-Solow
Categoría:Nados no condado de Västra Götaland Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1992 Categoría:Modelos femininas Categoría:Personalidades da escultura