miniatura|O deus Odín no trono rodeado polos lobos Geri e Freki e os corvos Hugin e Munin nunha ilustradción de 1882 de Carl Emil Doepler.|alt= Geri e Freki son na mitoloxía nórdica os dous lobos que acompañan ao deus Odín e figuran na Edda poética, na Edda prosaica —ámbalas dúas escritas e compiladas no século por Snorri Sturluson—, así como na poesía escáldica.Simek (2007), pp. 90-106 Ámbolos dous personaxes foron comparados con outras figuras da mitoloxía grega, romana e védica; tamén foron asociados coas crenzas en torno ao mito xermánico dos «lobos guerreiros» ou Úlfheðinn, tamén coñecidos como berserker.San José Beltrán ( 2015), p. 328
Etimoloxía De forma xeral, o significado dos nomes Geri e Freki en nórdico antigo, interpretouse como «voraz» ou «codicioso».Lindow (2001), pp. 120, 139 O nome Geri pode ter a súa orixe no adxectivo protoxermánico geraz, relacionado co burgundio girs, o nórdico antigo gerr e o alto alemán antigo ger ou giri; en todos estes idiomas o significado é o de «codicioso».Orel (2003), p. 132 Para Bruce Lincoln, a orixe do nome atópase na raíz protoindoeuropea gher-, cuxa orixe é similar ao de Garm, nome do can que custodia o reino de Hela e que está intimamente relacionado cos eventos do Ragnarök.Lincoln (1991), p. 99 Freki pode remontarse ao adxectivo protoxermánico frekaz, ligado co gótico faihu-friks, o frec anglosaxón e o alto alemán antigo freh; o significado de todos pode ser «ambicioso», «avarento», «desexoso», «cobizoso», «larpeiro» e «audaz». John Lindow interpretou os dous nomes como adxectivos nominalizados do nórdico antigo.Lindow (2001) pp. 120, 139
Referencias No poema Grímnismál da Edda Poética, Odín —disfrazado de Grímnir—proporciónalle ao mozo Agnarr Geirröðsson os mundos nórdicos, sobre Yggdrasil e sobre os compañeiros do propio. Nunha sección, Agnarr di que Odín alimenta a Geri e Freki cando o deus consome un tipo de viño específico. OrixinalTradución de Benjamin ThorpeTradución de Henry Adams BellowsTradución en galegoGera ok Freka seðr gunntamiðr
hróðigr Herjaföður;
en við vín eitt vápngöfugr
Óðinn æ lifir.Geri and Freki the war-wont sates,
the triumphant sire of hosts;
but on wine only the famed in arms,
Odin, ever livesThorpe (1907), p. 21Freki and Geri does Heerfather feed,
The far-famed fighter of old:
But on wine alone does the weapon-decked god,
Othin, forever live.Bellows (1923), p. 92O señor das hostes, glorioso e belicoso,
sacia a Geri e Freki;
Mais só de viño, fero na súa armadura,
Odín vive. Alúdese tamén aos lobos a través do kenning Os cans de Vinðrir, no verso 13 da Helgakviða Hundingsbana I,Lincoln ve esa actividade como a razón que explica os adxectivos "voraces" ou "gulosos". Ver Lincoln (1991), p. 99. onde se informa que eles andan no campo "ávidos dos corpos daqueles que caeran no campo de batalla" OrixinalTradución de Benjamin ThorpeTradución de Henry Adams BellowsTradución en galegoFara hildingar
hiorstefno til
þeirrar er la/gdo
at Logafiollom;
sleit Froþa friþ
fianda a milli,
fara Viþriss grey
valgiorn vm eyThe warriors went to the trysting place of swords,
which they had appointed at Logafiöll.
Broken was Frodi's peace between the foes:
Vidrir’s hounds went about the isle slaughter-greedyThorpe (1907), p. 138The warriors forth to the battle went,
The field they chose at Logafjoll;
Frothi's peace midst foes they broke,
Through the isle went hungrily Vithrir's hounds.Bellows (1936), pp. 295-296Os guerreiros marcharon ao campo de batalla
que escolleran en Logafiöll.
A paz de Frodi entre os rivais foi quebrada:
os cans de Vidri chegaran á illa ávidos de sangue No capítulo 38 do libro Gylfaginning da Edda prosaica, a figura exaltada de Hár explica que Odín entrega, aos seus lobos, toda a comida da mesa. Para o deus, o viño substitúe a bebida e a comida, polo que non a necesita. No capítulo 75 do libro Skáldskaparmál hai unha lista de nomes de huargos e lobos, onde aparecen Geri e Freki.Sturluson-Faulkes (1995), p. 64
Na poesía escáldica, Geri e Freki úsanse como nomes comúns para «lobo», especificamente no capítulo 58 do Skáldskaparmál —citados nalgúns traballos de Þjóðólfur úr Hvini e Egill Skallagrímsson—. Geri utilízase como sinónimo de lobo no capítulo 64 do Hattatal.Sturluson-Faulkes (1995), p. 135Sturluson-Faulkes (1995), p. 204 No capítulo 58 do Skáldskaparmál, Geri é empregado en kennings para «sangue», e para «prea» no capítulo 60 dese texto. Esas acepcións aparecen nas obras As cervexas de Geri e Pedazo de Geri, escritas polos escaldos Þórðr Sjáreksson e Einarr Skúlason respectivamente.Sturluson-Faulkes (1995), pp. 136, 138 Freki forma parte dun kenning para «prea» no capítulo 58 do Skáldskaparmál.Sturluson-Faulkes (1995), p. 136
Teorías dereita|miniatura|Placa de bronce da Era de Vendel en Öland, Suecia. Nela represéntase un guerreiro cuberto cunha pel de lobo e unha espada acompañado dunha figura danzante. O nome Freki tamén se aplica ao lobo Fenrir no poema Völuspá, dentro da Edda poética. O folclorista John Lindow viu isto como unha ironía, xa que segundo a mitoloxía nórdica Fenrir mataría e devoraría a Odín durante o Ragnarok.Lindow (2001), p. 120 O historiador Michael Spiedel relacionou a Geri e Freki con restos arqueolóxicos que representan figuras vestidas con peles de lobos, e frecuentemente atopados xunto a nomes relacionados con «lobo» entre os pobos xermánicos, incluíndo: Wulfhroc, Wolfhetan, Isangrim, Scrutolf, Wolfgang, Wolfdregil e Vulfolaic. Tamén poden estar ligados aos mitos sobre guerreiros-lobos da mitoloxía nórdica, como os berserker. Spiedel cre que isto apunta ao culto pan-xermánico dos guerreiros lobos, relacionado con Odín, e que diminuíu logo da cristianización.Spiedel (2004), p. 24-28
Crese, tamén, que os lobos poderían ser deidades das relixións protoindoeuropeas. O especialista Jacob Grimm atopou unha suposta conexión entre Odin e o deus grego Apolo, para quen os lobos e os corvos eran sagrados.Grimm (1882), p. 147 O filólogo Maurice Bloomfield relacionou a Geri e Freki cos dous cans de Iama pertencentes á mitoloxía védica temperá, que se interpretearon como unha adaptación xermánica do grego Cerberus.Bloomfield menciona, tamén, outra parella nórdica nesa conexión: Geri "Greedy" e Gifr "Violent" son dous cans que custodian á xovenca Menglöð no Fjölsvinnsmál. Véxase Bloomfeld (1908), pp. (316–318) Michael Spiedel comentou a conexión entre os lobos e as figuras dun gran poderío: "Por iso Geri e Freki, os lobos que están ao lado de Odin, tamén estaban a carón dos tronos dos reis anglosaxóns. Os lobos guerreiros como Geri e Freki non eran simples animais, senón seres míticos; como compañeiros de Odin, eles forman parte do seu poder, e el fíxoos lobos guerreiros".Spiedel (2004), pp. 24-28
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Mitoloxía nórdica Hugin e Munin
Categoría:Mitoloxía nórdica