miniatura|Marca do datum na cidade de Chicago Un datum xeodésico ou sistema de referencia xeodésico é un sistema de coordenadas e un conxunto de puntos de referencia empregados para localizar lugar sobre a Terra ou en obxectos similares. Unha definición aproximada de nivel do mar é o datum WGS 84, un elipsoide, aínda que unha definición máis exacta é o Modelo Gravitacional da Terra 2008 (EGM2008), que emprega polo menos 2159 harmónicos esféricos. Definíronse outros datums para outras áreas ou noutras épocas. Así, o ED50 definiuse en 1950 para Europa e difire do WGS 84 en varios centos de metros dependendo do lugar.

Marte non ten océanos e polo tanto non existe un nivel do mar, mais deseñáronse polo menos dous datums para localizar lugares na súa superficie.

Os datums empréganse en xeodesia, navegación e cartografía, ademais de sistemas de navegación por satélite para trasladar posicións indicadas en mapas á súa posición real na Terra. Comézase cun elipsoide e defínense as coordenadas latitude, lonxitude e altitude. Un ou máis lugares sobre a superficie da Terra escóllense como puntos bases.

A diferenza en coordenadas entre datums adoita referirse como desprazamento do datum. Este desprazamento ppode variar dun lugar a outro nun país ou rexión, e pode variar entre cero e centos de metros (ou varios quilómetros para algunhas illas remotas). O Polo Norte, o Polo Sur e o Ecuador estarán en diferentes posicións en diferentes datums, xa que o norte verdadeiro será lixeiramente distinto. Datums diferentes empregan interpolacións diferentes para a forma e tamaño preciso da Terra.

Dado que a Terra é un elipsoide de referencia imperfecto, os datums localizados poden dar unha representación máis exacta da área que cobren que o WGS 84. Por exemplo, o OSGB36 é unha aproximación mellor ao xeoide nas illas Británicas que o WGS 84 global. Porén, debido ao beneficio dun sistema global, o datum WGS84 está a aumentar a súa adopción.

Os datums horizontais empréganse para describir un punto sobre a superficie da Terra en latitude e lonxitude ou outro sistema de coordenadas. Os datums verticais miden elevacións ou profundidades.

Exemplos WGS 84, 72, 66 e 60 do Sistema Xeodésico Mundial. NAD83, datum norteamericano, moi similar ao WGS 84. NAD27, antigo datum norteamericano, do que o NAD83 é un axuste.NAD OSGB36 do Ordnance Survey do Reino Unido. ETRS89, datum europeo, relacionado co ITRS. ED50, antigo datum europeo. GDA94, datum australiano. JGD2011, datum xaponés, axustado polos cambios causados polo terremoto e tsunami de Tōhoku de 2011. Tokyo97, antigo datum xaponés. KGD2002, datum coreano. TWD67 e TWD97, diferentes datums empregados en Taiwán. BJS54 e XAS80, antigos datums empregados na China.Analysis of Conversion Method and Map Merging from BJS54 XA80 Surveying and Mapping Results to CGCS2000 GCJ-02 e BD-09, datums chineses encriptados. PZ-90.11, referencia xeodésica empregada por GLONASS. GTRF, referencia xeodésica empregada polo sistema Galileo. CGCS2000 ou CGS-2000, referencia xeodésica empregado polo sistema de navegación BeiDou.Handbook of Satellite Orbits: From Kepler to GPS, Table 14.2BeiDou Navigation Satellite System Signal In Space Interface Control Document, Open Service Signal (Version 2.0) section 3.2 International Terrestrial Reference Frame (ITRF88, 89, 90, 91, 92, 93, 94, 96, 97, 2000, 2005, 2008, 2014), diferentes realizacións do ITRS. Hong Kong Principal Datum, datum vertical empregado en Hong Kong.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas GeographicLib includes a utility CartConvert which converts between geodetic and geocentric (ECEF) or local Cartesian (ENU) coordinates. This provides accurate results for all inputs including points close to the center of the Earth. A collection of geodetic functions that solve a variety of problems in geodesy in Matlab . NGS FAQ – What is a geodetic datum? About the surface of the Earth on kartoweb.itc.nl

Categoría:Xeografía Categoría:Cartografía