Janet Lynn Kavandi, nada en Springfield, Missouri, o 17 de xullo de 1959, é unha astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-91, STS-99 e STS-104.

Traxectoria Kavandi graduouse en química pola Facultade do Sur do Estado de Missouri en 1980 e ten un máster en química pola Universidade de Missouri en Rolla en 1982. Ten ademais un doutoramento en química analítica pola Universidade de Washington en Seattle en 1999.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en decembro de 1994, participando nas misións STS-91, STS-99 e STS-104 e pasando 33,84 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-91 STS-99 STS-104

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en Missouri