Särkänniemi é un parque de atraccións da cidade de Tampere, Finlandia. Särkänniemi ten cinco espazos diferenciados: o parque de atraccións, un acuario, a Näsinneula, un planetario e Koiramäki. Dentro do espazo do parque de atraccións inaugurouse no verán de 2012 o espazo Angry Birds Land e un ano despois Koiramäki. No complexo existen numerosos restaurantes como o restaurante panorámico de Näsinneula. En 2019 tivo un total de 623 000 visitantes durante a tempada de verán, e 681 000 en todo o ano. Särkänniemi ten ao redor de 500 traballadores ocasionais e 100 traballadores máis fixos.
Historia thumb|O acuario e planetario de Särkänniemi en 1969. Särkänniemi está localizado nun cabo no lago Näsijärvi no que anteriormente se encontraba unha pequena zona industrial que contaba, entre outras, cun serradoiro e uns talleres navais.
A idea de construír un parque de atraccións en Tampere remóntase ao mes de agosto de 1959 cando a Lasten Päivän Säätiö, a fundación que dirixe Linnanmäki, dirixiuse á cidade de Tampere, xa que adquirira varias atraccións e quería expandirse á cidade. A idea foi ben recibida polos dirixentes de Tampere e creouse un comité que, entre outras cousas, viaxou por diferentes parques de atraccións de todo o mundo procurando ideas e vendo as posibles necesidades que tería o futuro parque. Axiña concretouse a localización do parque en Ratinanniemi, e en 1962 creouse a sociedade Ratinanpuisto Oy para prepararlo. A localización en Ratinanniemi seguiu presente durante moito tempo dada a localización remota de Särkänniemi, mais finalmente considerouse que a area de Ratinanniemi era demasiado pequena.
Os primeiros edificios de Särkänniemi foron o acuario e o planetario, que abriron as súas portas o 25 de abril de 1969. A idea do planetario naceu dun grupo de tomadores de decisións de Tampere durante a súa viaxe a América na década de 1960. Presentóuselle a idea ao daquela alcalde Erkki Lindfors, quen como afeccionado á astronomía aceptou a idea, mentres que o impulsor do acuario tería sido o administrador adxunto da cidade Sampo Toni, que era era afeccionado á pesca. Durante a primeira semana da visitaron o acuario-planetario unhas 16 000 persoas a pesar do elevado prezo da entrada na época, fixado en 2,50 marcos finlandeses.
En 1965, logo da visita de Lindfors a Kuopio, onde se construíra a Torre Puijo, unha torre de observación con restaurante, tomou a idea e axiña se creou un comité en Tampere para planificar a súa propia torre de observación que fora canto menos 10 metros máis alta que a torre de Kuopio. En 1966 naceu Tampereen Särkänniemi.
Na zona a cidade de Tampere construíu Näsinneula, que se converteu en símbolo da cidade e que foi inaugurada o 1 de maio de 1971. Ao mesmo tempo planeouse un parque de atraccións para a cidade.
O 1 de maio de 1975 inaugurouse o parque de atraccións, pasaran de seis anos da inauguración do acuario e do planetario, e 16 dende a creación do comité de partes que atraccións.
Espazos Parque de atraccións
O parque de atraccións foi inaugurado en 1975.
Kärsänniemi
Koiramäki
Acuario e planetario
O edificio do acuario e o planetario foi a primeira estrutura que se construíu en Särkänniemi, sendo ambos inaugurados o 25 de abril de 1969. Xunto con Näsinneula son os únicos espazos do complexo abertos durante todo o ano. O acuario consta de dous niveis e o andar inferior só é accesible por unhas escaleiras.
Inicialmente o acuario contaba con focas e leóns mariños nunha piscina ao aire libre de acceso gratuíto. Os animais foron morrendo progresivamente ata que en 1999 decidiuse sacrificar a última foca, de 31 anos, que se encontraba enferma.
Näsinneula miniatura|250px|Näsinneula.
A torre de observación á beira do lago Näsijärvi que foi inaugurada o 28 de abril de 1971. Näsinneula é o edificio máis alto de Finlandia cunha altura total de 168 metros contando a súa antenas, mentres que a altura do teito da construción e de 134,5 metros. Dende que en 2018 a Torre Kaknäs de Estocolmo pechou as súas portas ao público é tamén a maior torre de observación dos países nórdicos. No alto da torre existe un restaurante xiratorio con vistas á cidade. A torre é considerada un dos símbolos da cidade de Tampere.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web de Särkänniemi
Categoría:Tampere Categoría:Parques de atraccións