A Escola Superior Gallaecia (tamén ESG ou esGALLAECIA) é un centro universitario de Vila Nova de Cerveira, Portugal, especializado na creación de artes, investigación e difusión da ciencia, cultura e tecnoloxía, exercidas nos dominios do estudo, a docencia e da investigación, ao servizo da identidade cultural lusófona. A escola foi integrada como Departamento na Universidade Portucalense (UPT) en 2021.
Historia esquerda|miniatura|Porta principal da Escola en Cerveira. esquerda|miniatura|Edificio da Escola, antiga Câmara Agrária, no Largo das Oliveiras. En 1995, a Escola Superior Gallaecia é instituída pola Fundación Convento da Orada que procede á posta en marcha da institución, as instalacións e os respectivos cursos. A Escola Superior Gallaecia xa tiña actividades educativas antes desa data.
Inicialmente, operaba como unha entidade académica centrada no ensino de arquitectura e deseño. Esa etapa anterior permitiu que a escola sentase as bases para as disciplinas máis tarde formalizadas nos seus cursos oficiais.
En 2003, a Ordem do Arquitetos recoñece o Curso de Licenciatura en Arquitectura e Urbanismo.
No 1 de setembro 2021, a Escola Superior Gallaecia foi integrada na UPT, no Porto. O novo Departamento de Arquitetura e Multimedia Gallaecia mantén o mesmo proxecto pedagóxico que tiña na ESG.
Cursos Ofrece formación en Arquitectura e Urbanismo e Multimedia e Artes, así como cursos de curta duración.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Universidades de Portugal