O Galician Freaky Film Festival (xeralmente abreviado GFFF) é un festival internacional de curtametraxes de cinema fantástico, terror, ciencia ficción, suspense, animación e outros xéneros asociados ao cinema friqui (máis usado no cinema co termo inglés freak), que se celebra anualmente en Vigo desde o ano 2017.

O festival é o único evento mundial que subtitula todas as curtametraxes estranxeiras ao galego. Desde a súa fundación, converteuse nun referente do cinema independente e alternativo en Galicia.

No ano 2025, o festival uniuse como Membro Competitivo da Federación Internacional de Festivais Méliès, o que lle permite outorgar o galardón Méliès de Prata á mellor curtametraxe europea. No mesmo ano obtivo o EFFE Label (Europa para os Festivais, Festivais para Europa), o selo de calidade europeo para festivais artísticos destacados.

Historia e evolución do festival

Orixe e primeiras edicións A primeira edición do festival celebrouse en 2017 como edición piloto, denominándose "#0 edition". Esta numeración inicial mantívose nas seguintes edicións ata 2021, cando se decidiu axustar a numeración para facela coincidir co número real de anos de celebración do festival, pasando a ser a "#4 edition". O festival continuou esta numeración nas seguintes edicións.

O festival experimentou un crecemento constante desde a súa creación, evolucionando desde unha edición piloto en 2017 ata converterse nun evento de referencia no ámbito do cinema fantástico e freak en Galicia. Na súa edición de 2025, o festival proxectou 120 curtametraxes procedentes de 34 países, con 65 estreas en Galicia.

Sedes e espazos de celebración Ao longo da súa historia, o festival de cinema fantástico tivo diferentes localizacións na cidade de Vigo: 2017-2019: Mercado do Progreso 2020: Hotel Bahía 2021: Sala Muta 2022-presente: Cines Tamberlick, Plaza Elíptica

Sección infantil Pequefreak Desde o ano 2020, o festival conta cunha sección infantil chamada "Pequefreak. O meu primeiro festival", adicada á proxección de curtametraxes para o público máis novo e á promoción do cinema fantástico entre os nenos e nenas. Esta iniciativa busca introducir ao público infantil nos xéneros do terror, fantasía e ciencia ficción de forma adaptada.

No ano 2025, a sección incorporou un xurado infantil e creouse o Gran Premio Pequefreak, outorgado polos propios nenos e nenas asistentes.

Programación e identidade

Criterios de selección O festival acepta curtametraxes dos xéneros de terror, fantasía, ciencia ficción, comedia e cine freak, con especial atención a obras que quedan fóra dos circuítos convencionais de distribución. A programación inclúe estreas mundiais, internacionais, nacionais e galegas.

Subtitulado en galego O Galician Freaky Film Festival destaca no panorama dos festivais de cinema fantástico por ser o único a nivel mundial que subtitula todas as curtametraxes estranxeiras ao galego, contribuíndo así á normalización lingüística e á promoción da cultura galega no ámbito cinematográfico internacional.

Bloques temáticos A programación do festival organízase en diferentes bloques temáticos: Alimento para o maxín: Curtametraxes reflexivas e experimentais Arrepío: Curtametraxes de terror Ciencia ficción: Curtametraxes de ciencia ficción Co cu torcido: Curtametraxes con xiros inesperados ou impactantes Humor Freak: Curtametraxes de comedia e humor negro Qué carallo é isto?!: Curtametraxes extraordinarias ou extremas Serie B-estial: Curtametraxes de serie B ou baixo orzamento

Afiliacións e recoñecementos

O GFFF forma parte de diversas federacións internacionais, redes profesionais e posúe acreditacións de calidade que sitúan o festival como un actor clave no ecosistema do cine de xénero, desde a escena local galega ata o ámbito europeo.

Federacións de xénero

Méliès International Festivals Federation En 2025, o GFFF uniuse como Membro Competitivo da Federación Internacional de Festivais Méliès (MIFF), unha rede de festivais de cine de xénero de 21 países. Esta membresía permite ao festival outorgar o Méliès de Prata á mellor curtametraxe fantástica europea da súa selección oficial. A MIFF promove o cine fantástico europeo a nivel mundial, e o Méliès de Ouro outórgase anualmente no Festival de Cinema de Sitges.

Terror Arreu de Catalunya En 2024, o GFFF foi o primeiro festival de cinema galego en ser Amic Adherit (Amigo Adherido) de Terror Arreu de Catalunya (TAC), a federación de festivais de cine de terror e fantástico de Cataluña fundada en 2010.

Acreditacións de calidade

EFFE Label O GFFF é recoñecido co EFFE Label (Europe for Festivals, Festivals for Europe), o selo de calidade europeo para festivais de artes destacados desde 2025. Outorgado pola European Festivals Association e apoiado pola Comisión Europea, esta distinción sitúa o GFFF nunha comunidade de máis de 1.550 festivais en toda Europa recoñecidos pola súa destacada contribución ás artes, o compromiso coa comunidade e a apertura internacional.

Redes profesionais

Proxecta Desde 2020, o GFFF é membro de Proxecta, a coordinadora galega de festivais de cinema. Proxecta agrupa os festivais de cine máis significativos de Galicia.

Pantalla A través da súa pertenza a Proxecta, o GFFF forma parte de Pantalla, a federación estatal de coordinadoras de festivais de cine en España..

Rías Baixas Film Fest O GFFF é membro de Rías Baixas Film Fest, a marca creada pola Deputación de Pontevedra para promover e apoiar os principais festivais de cine da provincia como un circuíto cultural unificado..

Colaboracións internacionais

Festival Colega O festival desenvólvese cunha rede crecente de colaboracións internacionais a través dos seus intercambios regulares "Festival Colega", un programa que permite compartir curtametraxes destacadas entre festivais afíns. Os festivais colaboradores son: TOHorror (Festival Internacional de Cinema e Cultura do Fantástico de Torino, Italia) NIFFF (Festival Internacional de Cinema Fantástico de Neuchâtel, Suíza) Fantaspoa (Festival Internacional de Cinema Fantástico de Porto Alegre, Brasil) Motel/X (Festival Internacional de Cinema de Terror de Lisboa, Portugal) TerrorMolins (Festival de Cine de Terror de Molins de Rei, Cataluña, España) Cryptshow (Festival de Cinema Fantástico e de Terror de Badalona, Cataluña, España)

Participación en eventos internacionais O festival participa activamente no circuíto internacional de festivais de cinema fantástico:

Sitges 2024: O GFFF participou na "Mesa Redonda - Terror Arreu Catalunya (TAC): Oportunidades e barreiras para o cinema de xénero en catalán" celebrada no prestixioso Sitges 58è Festival internacional de cinema fantàstic de Catalunya.

Sitges 2025: O GFFF participou na mesa redonda "Noviembre Fantasma Talks: New Audiences for Horror Festivals", xunto con Ángel Sala (director artístico de Sitges) e representantes doutros festivais de xénero, analizando estratexias para captar novas audiencias e iniciativas como Pequefreak.

Short Shorts Film Festival & Asia 2025 (Toquio): O festival participou no encontro "A Filmmakers Hangout Short Talk フィルムメイカーの交流会" no 27º SSFF&ASIA, ampliando o alcance do festival a Asia.

Caostica 2025 (Bilbao): O festival participou no Festival Internacional de Curtas e Videoclips Caostica, proxectando a curtametraxe The Heritage de Andrew Rutter.

Participación en xurados internacionais Os membros do festival participan regularmente como xurado en festivais internacionais: Juan de Castro (director): Membro do xurado no MotelX 2023 e no Cryptshow 2025. Miriam P. Álvarez (subdirectora): Membro do xurado no FANTBOI 2025.

Iniciativas profesionais

Irmandades do Norte Alianza de festivais de cinema fantástico do norte de España (Galicia, País Vasco e Cataluña) lanzada en 2024, que facilita o intercambio de coñecemento e colaboracións de programación. A iniciativa conta co apoio da Vigo Film Office (VFO).

A Que Andas, Freak? Plataforma para a presentación de proxectos audiovisuais en desenvolvemento, creada en colaboración coa Asociación de Directores e Realizadores de Galicia (CREA) e a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI).

Premios e recoñecementos O festival de cinema freak outorga diferentes premios organizados nas seguintes categorías, recoñecendo a excelencia no cinema independente e alternativo:

Premios do xurado profesional Gran Premio GFFF: Premio á curtametraxe máis freak do festival, considerando a súa orixinalidade e o seu carácter único no cinema fantástico. Premio Neuronas Fritidas: Recoñecemento á curtametraxe máis extrema ou turbia do cinema de terror. Premio Ben Feito: Premio á mellor realización cinematográfica. Anteriormente coñecido como Premio Crea. Premio Ben Dito: Galardón ao mellor guión cinematográfico.

Premios do público Premio Olimpo dos Freaks: Premio do público á curtametraxe máis aplaudida do festival. Premio Arrepío: Galardón á mellor curtametraxe de cinema de terror. Premio Escarállome: Premio á mellor curtametraxe de humor dentro do cinema fantástico. Premio Galician Freak: Premio á mellor curtametraxe galega. Creado no ano 2025.

Premios da sección infantil Gran Premio Pequefreak: Creado no ano 2025 xunto coa introdución dun xurado infantil, premia a curtametraxe infantil máis freak. Premio Olimpo dos Pequefreaks: Creado no ano 2020 xunto coa sección infantil do festival, premia a mellor curtametraxe infantil segundo o voto do público máis novo.

Premios especiais Premio Luis Barboo: Premio do festival ao actor secundario ou actriz secundaria que máis sofre. Creado no ano 2025 honrando ao actor vigués Luis Barboo. Premio ao director/a máis freak: Premio ao director/a máis freak do festival, recoñecendo a súa contribución ao cinema alternativo.

Palmarés

Premios do xurado Ano Gran Premio GFFF Premio Ben Feito Premio Neuronas Fritidas Premio Ben Dito Mencións especiais 2025 Martyr's Guidebook (Maks Rzontkowski) Playing God (Matteo Burani) TV oder Die Ruhestörung an der Waldbergstrasse (Frederic Siegel) Hurikán (Jan Saska) Kralj Ničega (Aleksa Gajić) (freak)Atom & Void (Gonçalo Almeida) (freak)Faaawww!!! (Koji Oniki) (freak)La Fille Qui Explose (Caroline Poggi e Jonathan Vinel) (turbia/extrema)Quota (Job Roggeveen, Joris Oprins e Marieke Blaauw) (guión)Leptir (Sunčana Brkulj) (realización) 2024 Shé (Snake) (Renee Zhan) Fishmonger (Neil Ferron) Wander to Wonder (Nina Gantz) I'm Not A Robot (Victoria Warmerdam) Chomp It! (Mark Chua e Lam Li Shuen) (bizarra)Doo Doo (夾鬼娃) (Jack Hsu) (guión)Retour À Hairy Hill (Daniel Gies) (realización) 2023 Koerkorter (Priit Tender) Histoire pour 2 trompettes (Amandine Meyer) Pipes (Jessica Meier, Kilian Feusi e Sujanth Ravichandran) Cut (Son Min-zun) Tank Fairy (Erich Rettstadt)Amok (Balázs Turai)Gnomes (Ruwan Heggelman) 2022 Hideous (Yann Gonzalez) T'es morte Helene (Michiel Blanchart) Calving (Louis Bhose) For Pete's Sake! (Gerald B. Fillmore) Brutalia, Days of Labour (Manolis Mavris)The Diamond (Vedran Rupic) 2021 The Devil's Harmony (Dylan Holmes Williams) Ekipazh 3,14 (Denis Pavlov) Metube August Sings Una furtiva lagrima (Daniel Moshel) Survivers (Carlos Gómez-Trigo) - 2020 Slug Life (Sophie Gate) High Dating (Jules Zingg) Bad Hair (Oskar Lehemaa) Together (Ryan Oksenberg) - 2019 Los amigos la pinícula (Omar Rabuñal Varela) La Persistente (Camille Lugan)And so he opens his eyes (Sergey Vasiliev) - - Lo siento mi amor (Eduardo Casanova)Lay them straight (Robert Deleskie)Le défi du rade... (François Zaïdi)Cómo y porqué se ha esfumado Don José (Moshe Ben Avraham) 2018 O neno do hórreo (Diego López Curros) - - - - 2017 (Sen premios) - - - - Ano Gran Premio GFFF Premio Ben Feito Premio Neuronas Fritidas Premio Ben Dito Mencións especiais

Premios do público