Labrus é un xénero de peixes osteíctios mariños da orde dos perciformes, suborde dos percoideos, superfamilia dos perocideos e familia dos lábridos,Labrus Linnaeus, 1758 no WoRMS propios do Atlántico oriental, incluído o Mediterráneo e o mar Negro.Froese, Rainer & Pauly, Daniel, eds. (2013): "Species of Labrus", en FishBase. Consultado o 1 de agosto de 2020.

A súa especie tipo é Labrus mixtus Linnaeus, 1758.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.

Etimoloxía O nome científico Labrus deriva do latín labrus, nome dun peixe,Labrus no Merriam-Webster Dictionary. termo relacionado con labrum, "labio", facendo referencia aos grandes labios dos peixes deste xénero.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimo:Eschmeyer, W. N.; R. Fricke & R. van der Laan, eds.. "Labridae genera". En Catalog of Fishes. California Academy of Sciences. Cicla Artedi, 1793

Especies Segundo o WoRMS e a FishBase, o xénero comprende as seguintes catro especies: Labrus bergylta Ascanius, 1767 Labrus merula Linnaeus, 1758 Labrus mixtus Linnaeus, 1758 Labrus viridis Linnaeus, 1758

Porén, o ITIS admite as seguintes:

Labrus barffi Curtiss, 1938 Labrus bergylta Ascanius, 1767 Labrus caeruleus Lacépède, 1801 Labrus crenulatus Shaw, 1803 Labrus cynaedus Linnaeus, 1758 Labrus dispar Ekström in Ekström et Sundevall, 1836-48 Labrus ephippium Valenciennes in Cuvier et Valenciennes, 1839 Labrus gallinago Curtiss, 1944 Labrus garzetto Donndorff, 1798 Labrus lunarius Solander in Cuvier et Valenciennes, 1839 Labrus marginalis Linnaeus, 1758 Labrus merula Linnaeus, 1758 Labrus mixtus Linnaeus, 1758 Labrus tearlachi Curtiss, 1938 Labrus teatae Curtiss, 1938 Labrus turduscaroli Curtiss, 1938 Labrus viridis Linnaeus, 1758

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Parenti, P. & J.E. Randall (2000): "An annotated checklist of the species of the Labroid fish families Labridae and Scaridae". Ichthyological Bulletin of the J. L. B. Smith Institute of Ichthyology, 68: 1–97.

Outros artigos Lábridos

Categoría:Labroideos Categoría:Fauna de Europa Categoría:Fauna de Galicia Categoría:Taxons descritos por Linné