Why Women Kill é unha serie de televisión web estadounidense creada por Marc Cherry para CBS All Access. Trátase dunha comedia dramática de humor negro ambientada en varios períodos temporais. Estreouse o 15 de agosto de 2019 e a súa primeira tempada ten dez episodios. Pouco despois de rematar a emisión da primeira tempada, anunciouse que a serie renovará para facer unha segunda tempada.

Sinopse A serie trata sobre tres mulleres de diferentes décadas cuxas vidas están conectadas polo feito de vivir na mesma mansión de Pasadena (California) e por experimentar infidelidade nos seus matrimonios. Beth Ann Stanton (Ginnifer Goodwin) vive en 1963 como unha abnegada ama de casa até que sabe das infidelidades do seu marido, Simone Grove (Lucy Liu) descobre a homosexualidade do seu terceiro marido e comeza unha relación cun home moito máis novo en 1984, e a pesar de ter un matrimonio aberto en 2019, Taylor Harding pon a proba a súa relación cando ela e o seu marido se senten atraídos pola mesma muller. A infidelidade de cada matrimonio desencadea unha serie de acontecementos que leva a cada unha das mulleres a matar unha persoa.

Elenco e personaxes 1963 Principais Ginnifer Goodwin como Beth Ann Stanton, abnegada dona de Rob. Hartlyn Hilsman como Beth Ann (de nena). Sam Jaeger como Rob Stanton, enxeñeiro aeroespacial e marido de Beth Ann. Sadie Calvano como April Warner, camareira que ten unha aventura con Rob. Secundarios Alicia Coppola como Sheila Mosconi, veciña e amiga de Rob e Beth Ann. Adam Ferrara como Leo Mosconi, veciño de Rob e Beth Ann e marido de Sheila. Lindsey Kraft como Claire, secretaria de Rob. Spencer Garrett como Hal Burke, xefe de Rob. Peri Gilpin como Vivian Burke, muller de Hal. Analeigh Tipton como Mary Vlasin, veciña de Rob e Beth Ann e dona de Ralph, de quen é vítima de violencia doméstica. Scott Porter como Ralph Vlasin, veciño de Rob e Beth Ann e marido Mary. Ava Scarola como Emily Stanton, filla finada de Rob e Beth Ann. Catherine Curry como Elsie Warner, filla de April e Rob.

1984 Principais Lucy Liu como Simone Grove, unha muller de clase alta casada con Karl. Harmonie He como Simone Grove (de nena). Jack Davenport como Karl Grove, terceiro marido de Simone. Secundarios Katie Finneran como Naomi Harte, amiga de Simone e nai de Tommy. Leo Howard como Tommy Harte, fillo de Naomi e romance de Simone. Li Jun Li como Amy Lin, filla de Simone do seu primeiro matrimonio. Charlie DePew como Brad Jenkins, prometido de Amy. Ken Garito como oficial de policía que confunde a Simone cunha prostituta. Christine Estabrook como Joyce Dubner, veciña de Simone. Philip Anthony-Rodriguez como Hector, amante de Karl. Dale Dickey como Ruby Jenkins, nai de Brad. Robert Craighead como Dwight Jenkins, pai de Brad. Hayley Hasselhoff como Patt Jenkins, irmá de Brad.

2019 Principais Kirby Howell-Baptiste como Taylor Harding, avogada feminista e bisexual, ten un matrimonio aberto con Eli. Kendall Denise Clark como Taylor Harding (de nena). Alexandra Daddario como Jade / Irene Tabatchnick, amante bisexual de Taylor. Reid Scott como Eli Cohen, guionista e marido de Taylor.

Secundarios Kevin Daniels como Lamar, axente de Eli. Kevin McNamara como Duke, antiga parella de Jade. Saidha Arrika Ekulona como irmá de Taylor. Christina Anthony como Velma, irmá de Taylor. Odelya Halevi como Willow, modelo de Instagram e amiga de Jade. Kevin William Paul como Mischa, modelo de Instagram e amigo de Jade.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da serie

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2019 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión da CBS Categoría:Series de televisión ambientadas na década de 1960 Categoría:Series de televisión ambientadas na década de 1980 Categoría:Series de televisión ambientadas na década de 2010