Plácido Antonio Fernández de Arosa (tamén mencionado como Plácido Fernández Erosa nalgunhas publicacións dixitais, e na súa propia sinaturaFirma de Plácido Fernández de Arosa.), nado en Santiago de Compostela o 15 de xaneiro de 1760 e finado o 3 de decembro de 1838, foi un pintor e gravador galego.

Traxectoria Fillo de Andrés Fernández Montero "Ollos mouros" e neto de "Guinchote", escultores, Plácido formouse con Xoán Antonio García de Bouzas.

Pensionado por Xoán Antonio Cisneros de Castro e da Barrera, primeiro Conde de Ximonde, ingresou o 27 de abril de 1794 na Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid, onde coincidiu co seu irmán Tomé, tamén pintor, e co seu paisano Gregorio Ferro, por entón tenente director da mesma.

Foi tamén profesor da Escola de Debuxo da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, de 1806 a 1809.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Enciclopedia temática de Galicia, t. V-Arte, Nauta, Barcelona, 1990 , ISBN 84-278-1210-8 (v.5).

Ligazóns externas Bibliografía de Plácido Fernández Arosa en pintoresgallegos.com

Categoría:Nados en 1760 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Finados en 1838 Categoría:Pintores de Galicia do século XVIII Categoría:Pintores de Galicia do século XIX Categoría:Pintores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Gravadores de España