Langeland é unha illa de Dinamarca localizada entre o Gran Belt (Storebælt) e a baía de Kiel.

Administrativamente é un dos 98 municipios daneses (Kommune) desde o 1 de xaneiro de 2007.

Xeografía A illa ocupa unha superficie de 285 km², e alberga unha poboación que supera os 13 000 habitantes. Está considerada como unha grande área recreativa.

Unha ponte conecta Langeland con Tåsinge e a illa de Fionia. Hai así mesmo conexións por ferri con Lolandia, Ærø e Strynø.

O municipio de Langeland inclúe tamén as pequenas illas de Strynø e Siø.

A capital administrativa é a localidade máis poboada, Rudkøbing, con 4 646 habitantes.

Localidades +Localidades máis poboadas Nº Localidade Poboación(2012) 1 Rudkøbing 4 646 2 Tullebølle 781 3 Humble 631 4 Bagenkop 519 5 Lohals 487 6 Snøde 329 7 Lindelse 321 8 Spodsbjerg 210

Historia Antes de 2007 a illa dividíase en 3 municipios: Rudkøbing, Sydlangeland e Tranekær.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Municipios de Dinamarca Categoría:Illas de Dinamarca