A selección de fútbol de Zanzíbar é o equipo representativo de Zanzíbar, Tanzania, nas competicións oficiais deste deporte. A súa organización está a cargo da Federación de Zanzíbar de Fútbol (Football Zanzíbar Federation). Zanzíbar foi admitido na Confederación Africana de Fútbol (CAF) en marzo de 2017, converténdose así no membro número 55 da organización. Con todo, catro meses despois a súa inclusión foi anulada, declarando o presidente da CAF, Ahmad Ahmad, que non podería entrar até ser un estado soberano. Antes da súa unión con Tanganika, Zanzíbar si foi membro da CAF, participando na fase de clasificación para a Copa de África de Nacións. Zanzíbar tampouco é membro da FIFA e non pode participar nas Copas do Mundo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas East and Central African Championship en RSSSF
Categoría:Fútbol en Tanzania