Raquel Fernández Fernández, nada na Gudiña no ano 1985, é unha política galega do BNG, candidata á alcaldía do concello da Gudiña nas eleccións municipais de 2015 e 2019. Foi candidata ao Parlamento de Galicia nas eleccións autonómicas do ano 2020, ocupando o número 13 na lista da Provincia de Ourense.

miniatura|Papeleta das Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020.

Traxectoria Diplomada en Educación Social pola Universidade de Vigo, é concelleira e voceira municipal do BNG no concello da Gudiña desde o ano 2015. Fai parte do Colectivo Feminista “Mulleres da Gudiña” . É a presidenta da Asociación Cultural Os Torgueiros.

Notas

Categoría:Nados na Gudiña Categoría:Concelleiros da Gudiña Categoría:Nados en 1985 Categoría:Políticos do BNG Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo