miniatura Unha exostose é unha formación de óso novo na superficie dun óso. As exostoses poden causar dor crónica que varía desde suave a moi severa e debilitante, dependendo da forma, tamaño, e localización da lesión. Atópanse xeralmente nas costelas en forma de pequenas excrecencias, aínda que tamén poden aparecer lesións de maior tamaño nos nocellos, xeonllos, ombreiros e cadeiras. Son moi raras nos ósos do cranio.
As exostoses en ocasións presentan forma de esporón, tales como os esporóns calcáneos.
As infeccións óseas poden provocar exostoses nos ósos adxacentes. O pé de Charcot tamén causa tipicamente estas exóstoses, que poden chegar a ser clinicamente significativas.
Osteofitos Os osteofitos son protusións óseas que aparecen secundariamente á dexeneración articular producida pola artrose ou osteoartrite.Page 171 in: Con todo, non se diferencian significativamente das exostoses.
Rexistro fósil Atopáronse exostoses en ósos fósiles, estudados polos paleopatólogos, especialistas en lesións e enfermidades antigas. Existen rexistros de exostoses en múltiples especies de dinosauros, tales como Acrocanthosaurus atokensis, Albertosaurus sarcófago, Allosaurus fragilis, Gorgosaurus libratus, e Poekilopleuron bucklandii.Molnar, R. E., 2001, Theropod paleopathology: a literature survey: In: Mesozoic Vertebrate Life, edited by Tanke, D. H., and Carpenter, K., Indiana University Press, p. 337-363.
Tipos
Exostose oral. Nocello de futbolista (exotose do astrágalo). Exostose múltiple hereditaria (HME) Exostose sublingual. Oído de surfeiro (exostosis da canle auditiva externa). Torus mandibularis. Torus palatinus.
Notas
Categoría:Traumatoloxía