O Rally de Narón de 1990 foi a terceira edición de dito rally e a penúltima proba da tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rallys de Terra. Celebrouse o 20 de outubro de 1990 e o vencedor foi o dumbriés Manuel Senra a bordo dun Peugeot 205 GTI.
Itinerario Constou de oito treitos e un total de 276 km, dos cales 46 foron cronometrados. Os treitos a correr foron Anca, Ferreira, San Xiao e Lamas, dándose dúas pasadas a cada un deles.
Desenvolvemento Manuel Senra, que competía por primeira vez en terra, dominou o rally con claridade co seu Peugeot 205 GTI. El e o seu copiloto José Maceiras marcaron o mellor tempo en todos os treitos excepto no último, no que meteron unha roda nunha cuneta e perderon algo de tempo sacándoa. En segunda posición, a máis dun minuto de Senra, chegou Manuel González cun Citroën Visa GTi, mentres que o Renault 5 GT Turbo de Andrés González foi terceiro. En cuarto lugar chegou o portugués João Enes, que con este resultado colocouse líder do campionato.
Clasificación PosPilotoCopilotoVehículoEquipoTempo1 Manuel Senra José MaceirasPeugeot 205 GTISenra Sport0:41:572 Manuel González Delfín SotoCitroën Visa GTiMotor Club La Cañiza0:43:013 Andrés González Guillermo DíezRenault 5 GT TurboAutocross Orense0:43:324 João Enes Manuel HermoRenault 11 TurboEscudería Doble Cero0:43:345 Juan José López Vidal Juan CortésRenault 5 GT TurboSiroco Team Narón0:44:016 Manuel Montes Ángel GarcíaSeat Ritmo 2000Escudería Centollo0:44:497 Carlos Sá Luisa SilvaPeugeot 104Escudería Doble Cero0:45:548 Manuel Ferreira António PicaroteVolkswagen Golf GTIEscudería Doble Cero0:46:409 Óscar Fernández Marco FernándezSeat 124 ProtoAutocross Orense0:46:5210 Leandro Puente José LareuSeat MarbellaEscudería Miño-Lugo0:47:2411 Javier García José Ramón SánchezSeat 124 2100Senra Sport0:47:4412 Carlos Morales Manuel FerreiroSeat 124 1800Escudería Ourense0:47:4913 López Castrillón Germán CastrillónSeat 124 2000Siroco Team Narón0:48:0414 Manuel Pérez Valente José Luis Castro GarcíaCitroën GS X2Arenteiro Motor Sport0:48:5315 Eduardo Abalde Daniel FariñasSeat 127Escudería Doble Cero0:49:05Abandonos- José Manuel Torres Juan Carlos NúñezVolkswagen Golf GTIArenteiro Motor Sport-- Manuel García Lorenzo José Manuel PinalFiat Uno TurboEscudería Doble Cero-- Manuel Gómez Alén Gustavo GonzálezRenault 5 ProtoRacing Club Vila do Rei--J. FernándezC. LópezCitroën Visa GTiSenra Sport-- Guillermo Lavilla Ignacio LavillaSeat IbizaSiroco Team Narón--SuárezPérezFord Fiesta XR2Siroco Team Narón-- Juan Ricardo Costoya Juan PardoSeat 124 2000Siroco Team Narón-- Jesús Ferreiro Manuel SegadeSeat 124 2000Escudería Doble Cero-
Notas
Categoría:Rally Cidade de Narón Categoría:Tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rallys de Terra