Struthio asiaticus é unha especie extinta de avestruz que vivía desde Marrocos, pasando por Oriente Medio ata a China e Mongolia. Os seus fósiles datan desde o Plioceno superior ao Holoceno temperán (de 3,6 millóns de anos a 6000 a.C.). Atopáronse capas de fragmentos de cascas en sitios arqueolóxicos na India que datan de hai máis de 25000 anos que conteñen trazas de ADN e examináronse as súas secuencias, que mostraron que a especie pertence definitivamente ao xénero Struthio. miniatura|esquerda|Cascas de ovo de S. asiaticus

Estas avestruces asiáticas estaban estendidas tamén por Europa. En Asia vivían tamén no norte do subcontinente indio e o sur de Siberia. Sábese que esta especie se extinguiu na China a finais ou pouco despois do último período glaciar.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Struthioniformes Categoría:Ratites Categoría:Aves non voadoras