Jesús Salgado Álvarez, nado en Fradelo (Viana do Bolo) o 20 de novembro de 1953, é un xornalista e escritor galego.
Traxectoria Licenciado en Ciencias da Información (Xornalismo) pola Universidade Complutense. É doutor en Opinión Pública e Cultura de Masas. Foi correspondente en Madrid de La Voz de Galicia, colaborou en Antena 3-Radio, foi correspondente-delegado en Galicia da axencia de noticias Colpisa e redactor xefe da revista GAM. Foi responsable de Comunicación e Publicidade da Transmediterránea durante 20 anos. Foi subdirector de UNEDISA e director de Comunicacións e Relacións Institucionais de ISOLUX CORSAN. Nas eleccións municipais de 2011 e 2015 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Viana do Bolo e foi elixido concelleiro. Renunciou como concelleiro en xaneiro de 2017, renunciando tamén aos cargos co PSdeG-PSOE."El único edil del PSOE en Viana renuncia a sus cargos", La Región, 17-1-2017.
Obras Amancio Ortega, de cero a Zara, con Xabier R. Blanco, 2004. Riquísimos. Los secretos de cómo se han forjado las grandes fortunas españolas, 2008. Emilio Botín, todo por la banca, 2010. Hasta que la herencia nos separe. Conflictos, pasiones y "vendettas": los Ruiz-Mateos, Llongueras, Thyssen, Entrecanales y otras fortunas familiares de España, 2012. Nicanor Yáñez, a pulso, 2016.
Recoñecementos Premio Identidade Galega en 1986.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Jesús Salgado Álvarez
Categoría:Xornalistas de Viana do Bolo
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Concelleiros de Viana do Bolo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Viana do Bolo Categoría:Nados en 1953 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes